Un libro de peizoques
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
Foi o pasado luns. Chegaba ao CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña, onde me agardaba unha das responsábeis de Biblioteca e unha aula chea de nenas e nenos que sabían de memoria moitos dos versos do peizoque!
Sempre é unha ledicia levar o conto de Roque. Pero nesta ocasión o que non sospeitaba era que o alumnado de 3º de Infantil me tiña preparada unha gran sorpresa, un libro feito por eles: Os nosos peizoques.
Foi fantástico estar, saber do ben que traballan neste centro e regresar cun feixe de peizoques moi ben alimentados!
Agradecida!!!
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
que fermoso piadoiro en esta primaveira descalabrada.
Comentario por karlotti 02/04/2014 @ 13:33O certo é que si Karlotti!! Música mentres agardamos pola primavera!
Comentario por dorestembras 02/04/2014 @ 13:43