Este curso Polisemias fai unha oferta moi interesesante de obradoiros: poesía, prosa, teatro (tódalas idades)… Para os que poden estar e para os que non…Pedro Ramos, Antía Otero, Lino Braxe e eu, entre outros escritores, facemos as propostas deste ano.
Tamén haberá monográficos, cursos con autores convidados…
Xa podedes inscribirvos. Prazas limitadas.
O único que vos adianto é que vai ser unha aventura.
Outro ano máis. Velaiquí vos deixo o programa cos cursos e obradoiros do Fórum. Entre eles : Distintos xeitos de ler, no que afondamos en autores galegos contemporáneos, donde a palabra, a emoción, o verso.
A lectura, ese acontecimento múltiple, pode acometerse de distintos xeitos, compartila é sempre un camiño de fiestras que se abren, de revelacións.
A preinscripción será os días 10, 11, 12 de setembro no Fórum. Prazas limitadas. Arricamos o 3 de outubro, todos os mércores de 17:00 a 18:30.