Abrimos grupo novo en Apiario. Será os luns 19:00-21:00. De misterio e técnicas.
E nesta ocasión traballaremos a literatura dende a poesía e a prosa. Emoción e mensaxe. Todo para adentrarnos na trampa, para descubrir o motor do texto. Un dos obxectivos é analizar o estrañamento que ten lugar cando un poema ou unha prosa nos toca. Traballar dende o íntimo ao universal. Percorrer os grandes tópicos, achegarnos ás palabras da tribo. Procurar as chispas metálicas que desprenden o contacto de determinadas palabras e analizar o traballo de grandes escritores universais (Cortázar, Marai, Müller, Pizarnik, Valente, Paz…) co fin de fascinarnos e tentar acceder ao mecanismo do poema e a maquinaria do texto.
Queres escribir? Buscas un espazo onde compartir a túa escrita e adquirir novas técnicas? Queres saber máis do programa? Se tés algunha dúbida ou comentario: info@apiario.eu
O luns 12 de xaneiro xornada de portas abertas.