Sucos: blog de Dores Tembrás


Escribir. Escrita. Escritora.
10/01/2016, 11:10
Filed under: Uncategorized

contraluz_recital_nadal

 

Velaiquí deixo a última entrevista que me fixeron. O motivo: Ser escritora do mes na Asociación de escritores e escritoras en lingua galega.

O prestixio. O silencio. A autoestrada asfaltada. A palabra.

Agradecida.



SE PROUST TIVERA ALMORZADO TORRADAS : curso intensivo de escrita
18/06/2012, 11:56
Filed under: Literatura, Obradoiros, Uncategorized

Déixovos aquí a oferta dun curso intensivo de escrita creativa onde se traballará a memoria como detonante dun texto literario: artigo, conto, novela, epigrama, poema…

Durante o mes de xullo, achegarémonos á obra de Edgar Allan Poe, Marcel Proust, Manuel Rivas, Charles Bukowski, Amelie Nothomb, Georges Perec, Marguerite Duras, Anne Sexton, Sharon Olds, Lois Pereiro, Louise Glück, Alejandra Pizarnik, John Berger, Sándor Marai, Herta Müller, Jose Ángel Valente e Philip Roth. Analizaremos como estes autores verqueron as súas propias experiencias no papel.

Por unha vez, e sen que serva de precedente, estudaremos a relación entre vida e obra. Quen sabe, poida que este verán sexa irrepetíbel e aprendas como contalo.

Duración: 8 horas
Horario: Luns de 20.30 a 22.30 horas

Profesores:
Dores Tembrás (días 2 e 9 de xullo)
Antía Otero (16 de xullo)
Pedro Ramos (23 de xullo)

Reserva a túa praza escribindo un correo electrónico a pedro@lau2.org Non o deixes pasar, as prazas son limitadas.