Filed under: Podcast
Javier Martín. Ver a súa peza “Antioedipus aut homúnculus” (que estará estes días en Madrid) e fascinarme co seu traballo foi todo un. Por iso o encontro. Coa luz da mañá, a conversa no seu estudio na cidade Vella da Coruña, onde imparte monográficos e intensivos. E un extraviarnos entre palabras e propostas artísticas. Eu quería falar dos fíos que se tenden entre o quefacer poético e o traballo co corpo.
Iluminadora, verdade. Velaiquí as palabras.
Imprescindíbel coñecer e desfrutar do seu traballo.
El ansia
El estado crudo
Rizoma
Cuerpo sin órganos
Filed under: Podcast
As conversas con Xavier Seoane son sempre así, intensas, cheas de referencias multidisciplinares, abraiantes. Por iso era inevitábel propoñerlle gravar unha delas, fixala no tempo e no espazo. Velaiquí está.
Filed under: Podcast
Falaba hai algún tempo da conversa, do pracer da conversa. Inicio hoxe unha nova sección de podcast no blog arredor deste concepto. Inauguro con Anxo Angueira e a súa novela Pensa nao. Venteaba na Coruña, a confidencia das cartas baixo o paraugas, as primeiras castañas, as raiolas no dique, o mar, o café. Imposíbel ocultar o fascinio pola súa escrita.
Obrigada Anxo.