Sucos: blog de Dores Tembrás


Rafael Cadenas na Coruña
27/05/2016, 09:43
Filed under: Conferencia, Evento, Literatura, poesia, recital

Cadenas lee en Coruña

O convite chegou dende /ABANCA e /AFUNDACIÓN, que organizaban unha serie de homenaxes ao poeta venezolano no noso país, despois de recoller o Premio García Lorca. En Santiago de Compostela xunto a Miriam Reyes, en Vigo xunto a Anxo Angueira e Manuel Bragado, e na Coruña na tarde onte, xunto a Luis Pousa e eu mesma.

Non vou recoller aquí os méritos, traxectoria ou galardóns, que son moitos, do escritor.

Só me gustaría deixar testemuña de emoción grande que sentín ao coñecelo e poder conversar con el de poesía.

Quizáis a inmersión das últimas semanas na súa obra permitiume asedialo a preguntas antes do diálogo.  Son moitos os poemas nos que a palabra e o silencio, o traballo do poeta, esa procura, que un non escolle como di el,  pero tamén esa concepción do desexo que está en AMANTE, unha elegancia que fuxe do carnal pero que se rexistra no corpo.

Falar de Valente, dos místicos (Miguel de Molinos ecoando aínda), chegar ao Zen, ao breve como modelo no que o poema se expande, esa necesidade de condensación, os seus alquimistas, que son sobre todo poetas, ese debullar en Basho, e os amores literarios, Ajmatova, Zimmer, Pound…

Dores Tembras y Cadenas sonrien

Na arte do tirador de arco, converterse en centro exacto, apuntar sobre si mesmo, sendo tirador e branco.

Imborrábel a lucidez, a xenerosidade falando da construcción do poema ou contando segredos.

Imborrábel a saraiva na conversa sobre Venezuela con Milena González Cadenas, o escritor Antonio Germán López Ortega e a artista plástica Nela Ochoa de López e o xornalista Luis Pousa.

 

Ler xuntos na Cronoloxía, coma nenos que comparten pupitre. Feliz. Agradecida.

Tembrás lee y Cadenas observa

 

 

 

Do encontro os recados. A gravidade.O poder da palabra.

ARS POÉTICA.

 

Que cada palabra lleve lo que dice.

Que sea como el temblor que la sostiene.

Que se mantenga como un latido.

 

No he de proferir adornada falsedad ni poner tinta dudosa ni añadir brillos a lo que es.

Este me obliga a oírme. Pero estamos aquí para decir verdad.

Seamos reales.

Quiero exactitudes aterradoras.

Tiemblo cuando creo que me falsifico. Debo llevar en peso mis palabras. Me poseen tanto como yo a ellas.

 

Si no me veo bien, dime tú, tú que m conoces, mi mentira, señálame la impostura, restriégame la estafa.

Te lo agradeceré, en serio. Enloquezco por corresponderme.

Sé mi ojo, espérame en la noche y divísame, escrútame, sacúdeme.

 

Rafael Cadenas.