Sucos: blog de Dores Tembrás


Entrevista sobre Cronoloxía no Zigzag diario
25/06/2014, 22:15
Filed under: Cronoloxía da urxencia

Foi un pracer a conversa con Tino (arredor do minuto 12) sobre o novo poemario.

 

Agradecida



Peizoque e grafiti no CPI Cruz do Sar
02/06/2014, 09:13
Filed under: Obradoiros, Peizoque, poesia

Primeiro foron os mais pequenos, que me tiñan reservadas un lote de sorpresas.Traballar na biblioteca. Levar o peizoque, as palabras que el adoita comer. Pero desta volta as nenas e nenos prepararan un bo feixe de tarxetas con palabras e debuxos para este paxariño rebuldeiro: FARO, XARDÍN, GUEPARDO, ROSA, LÚA, RELOXO, FROITAS, XEO…

CIMG7231

CIMG7237

CIMG7245

O alumnado de primeiro de primaria non so sabía as estrofas, os animais, as palabras máis difícís se non que tiñan preparada unha entrevista chea de preguntas marabillosas e dificilísimas relacionadas co conto e comigo.

Gustaríame, entre todos, agradecerlle o entusiasmo a Fernando, que traia o peizoque pegado ao peito.

Para rematar fixeronme entrega dun libro de artista feito polos pequenos e pequenas que fala de min, dos libros que levo escritos e ademáis cheo de ilustracións para o conto. Foi o mellor agasallo! Conmoveume profundamente e quero agradecer todo o traballo que fixeron as mestras para que o encontro ademáis de desenvolverse con éxito,  fose máxico.

2014-06-02 09.39.25 2014-06-02 09.38.21 2014-06-02 09.38.33 2014-06-02 09.38.44 2014-06-02 09.38.57 2014-06-02 09.39.16

Por outra banda os rapaces de 1º da ESO traballaron con grafiti+poesía, nun encontro entretido, cheo de análises interesantes sobre as imaxes e os versos. Quero agradecer a atención e o entregados que estaban no encontro. Velaiquí algúns dos froitos:

Se o día pinta gris
sorí de cores.
Sofía Seoane.1º B

Teño medo de ti
e medo sen ti.
Sergio Paules. 1º B

Eu necesito o meu corazón para vivir
pero o que máis necesito es ti,
ti es quen o fai latir.
Marta Pose. 1º B

Na cama dórmese,
ao teu lado sóñase.
Rubén Castro. 1º B

Ahí donde estás tú,
lejos de donde estoy yo.
Lucía Vázquez. 1º B

Gustaríame volta anos atrás,
no anos em que todo eran sorrisos.
tempos de felicidade e amizade
que quedaran nos meus pequenos recordos.
Andrea Solís. 1º A

A casa onde eu nacín,
a casa onde crecín.
É a casa que eu quero,
é a casa que eu desexo.
Paula Pérez. 1º A

A figueira é máxica
talvez teña un bo figo
ou un malo.
Pero todos teñen un recordo
moi doado ou traicioneiro
que cando menos o esperas
máis axiña chega.
Laura Martínez. 1º A

 

CIMG7251

CIMG7256

CIMG7252

Voltar ao CPI Cruz do Sar ten sempre moito de infancia, de recoñecerme no recreo daquel patio, no camiño á aula.  Levo anos indo, primeiro convidada pola Alcaldesa Alejandra Pérez para presentar O pouso do fume e O peizoque Roque, e nesta ocasión convidada polo propio centro. Eu quero recoñecer a labor da escola pública, o esforzo dun equipo docente, que moi á contra de desfalecer segue imprimindo ilusión e profesionalidade día a día. Alumno a alumno.

Sempre voltar!