Sucos: blog de Dores Tembrás


Novo obradoiro de escrita creativa na Coruña
09/01/2015, 16:00
Filed under: Apiario, Obradoiros

Abrimos grupo novo en Apiario. Será os luns 19:00-21:00. De misterio e técnicas.

de_misterio_e_tecnicas_853v (2)

E nesta ocasión traballaremos a literatura dende a poesía e a prosa. Emoción e mensaxe. Todo para adentrarnos na trampa, para descubrir o motor do texto. Un dos obxectivos é analizar o estrañamento que ten lugar cando un poema ou unha prosa nos toca. Traballar dende o íntimo ao universal. Percorrer os grandes tópicos, achegarnos ás palabras da tribo. Procurar as chispas metálicas que desprenden o contacto de determinadas palabras e analizar o traballo de grandes escritores universais (Cortázar, Marai, Müller, Pizarnik, Valente, Paz…) co fin de fascinarnos e tentar acceder ao mecanismo do poema e a maquinaria do texto.

Queres escribir? Buscas un espazo onde compartir a túa escrita e adquirir novas técnicas? Queres saber máis do programa? Se tés algunha dúbida ou comentario: info@apiario.eu

O luns 12 de xaneiro xornada de portas abertas.



Visita ao Centro EPA de Ourense
22/12/2014, 13:01
Filed under: Obradoiros, Palabra, poesia

Sempre o ecoar daquel primeiro encontro, na primavera, as cereixas, mentres ía no tren.  E agora no outono, Jacqueline e Alfredo tiñan reservados para min dous grupos fantásticos cos que traballar a poesía.

E sempre a admiración polos docentes que sementan con gran sensibilidade o entusiasmo pola palabra.

Na mañá: Un grupo de rapaces e rapazas mozos, atentísimos, construindo novos conceptos de poesía e poético. Quedo á espera dos seus poemas. Despois do moito que traballamos a poesía e a tradución. É posíbel?  Entre Octavio Paz e Robert Frost. Entre Ezra Pound e Nabokov.A que se enfronta un traductor?Convírtese o tradutor en poeta? Mergullarnos na vida e obra completa do autor fai que a tradución sexa mellor?

Entre o inglés e o galego apareceron os poemas da cronoloxía. O traballo coa palabra. A atención. O silencio que tanto agradecín.

E aquí algunhas das súas palabras:

 

Un cárcere de madeira

co chan acolchado

Un pranto lixeiro

trae un sabor doce a miña boca

Xoguete insustituible

compañeiro nas horas de sono

Unha amizade efémera, un cambio.

Unha promesa…

Baixo a escaleira decidido, chega a entrega…

O fin dunha etapa de sabores brandos e doces

gravados na memoria.

E abro o caixón…e alí está…

Intacto, quedo…

Compañeiro leal dun meniño xa medrado.

Beni Suárez

La caja de los olores

Mi abuela paterna se llamaba Elena, por ella yo también me llamo así. Ella era ciega, fue perdiendo la vista poco a poco, por eso ni a mí ni a mis hermanos nos llegó a conocer. Cuando llegábamos corriendo a su casa, era capaz de conocernos por nuestra forma de movernos, o por la forma que teníamos de entrar.

Recuerdo que siempre me decía una rima:

Tres eran tres las hijas de Elena, tres eran tres y ninguna era buena”

Y en efecto con el paso de los años tuve tres hijas…

Cuando ella murió, mi madre me dio una caja con unos objetos personales que le habían pertenecido. Alba, mi hija mayor, que había conocido a mi abuela, estaba conmigo cuando abrimos la caja y no sabéis lo que había dentro de aquella caja, todos los recuerdos de mi abuela que aparecieron en forma de olores, su propia esencia, su aroma, su recuerdo…las dos nos quedamos calladas, nos trajo su presencia y su recuerdo volvió a nosotras gracias a la caja de los olores.

Elena Iglesias

January 6 in Catalonia

The happiest day for a child

A big parcel

The twinkle in my mother’s eyes

Oh! At last!

My bike with the little basket

for my little bunny

First and only gift from my father

The bike breaks

The relationship also.

I will always think of him

When I remember

My pink BH

Rosa María Fernández

Photos

Memories

of beautiful moments

The family

The union

Much happiness.

The smiles each year

Christmas

the family meets

The laughter

The happiness.

Llulitmar Vidal

Through the glass

all this snow.

The sound of carols

coming from the TV

creates a homey atmosphere

full of congratulations

and unexpected guests,

who build the mountain of gifts

under the tree.

My mother coming and going

cooking non stop.

There, that night, I know

that I will not sleep

thinking about the gifts.

And that’s when I realize

I never want to grow.

Gerson Jiménez

That broomstick

2nd April 2000

A sad day for me

For my body.

I leave school

My adoptive parents

Pick me up

Lock me in my room

Till 10 pm

I do my homework

And go to sleep

I have nothing

But my bed

My window

And desk

They argue

And wake me up

And ask for the homework

That is all wrong

They break that broomstick

On my limbs

Next day I am swollen

With bruises

I tell the teachers

I fell off my scooter

They take me to hospital

Long testing

A year and a half

Hoping for

Another family

José Manuel Fernandes

I remember playing bottle caps

With my friends near the house

We get together and laugh

Everyone is fab

We share a childhood

Full of games and entertainment

Outside a shop where the family

Come together to hang out

We have animals

Like a dog and a cat

It is always bright

As the sun and the stars at night

And the most beautiful young lady

Who is that?

Answer key: My Mum

Roselvi Bautista

My collection of prints

I had hundreds of prints

I remember those afternoons

In the park with my friends

And my cousin Luis

We played

And collected prints.

Now I remember with love

These things of my childhood

They were very important for me

When I was a child

Hannel Steve Tonusco C.

(Always remember to drive carefully and respect speed limits, the lives of others and your own life)

I love my car, when I see it my heart cares

When I start the engine, my heart jumps

When I touch the wheel, my heart jumps harder

When I drive it, my heart falls in love

When the wind touches my face, my heart feels

I love my car, from the first time I saw it

When I’m at speed, my heart feels happiness

I love my car, it’s all that my heart cares

I’m eighteen

Saber Mrabet

23 July in A Guarda

Playing beach paddle

With my brother

That afternoon

The incredible 40 degrees

Cheer us up

Nine years playing already

I love paddles

Andrés Feijoo

My Grandparents’ House

I remember my grandparents’ house in Brazil, an old house that belonged to my grandfather, who was a bricklayer.

With a wood stove, an orchard with vegetables and some fruit trees.

They also had a cage with several birds, apart from other animals.

For me this was very special, with all the food that they had there, which was very rich.

Rodrigo Alonso Ribeiro

A long, long afternoon

When the night never comes

Me a little boy

When the years were not many

Empty railway bridges

And nothing to do

Nobody waits for me

And the sun still on hold

Gino Blanco

My father’s dressing gown.

Last refuge

Worn out pieces of garnet

Cherishing memories.

Sleeplessness wrap

In the handless pockets.

Invisible fingers of past

Waving his handkerchief

But not to say good bye

When the train of oblivion passes

In the crackling fire

Of my Dad I remember

Him playing his old lute

All singing by the fireplace

At Christmas.

The man was an invincible giant

For his unconditional love

As in the feverish nights

Arriving with his remedies

To cure infant illnesses.

Because he was

The tree and the house

That the children drew

With the language of dreams

Now the tree is still there

Imperturbable

Bowed

As before his departure.

And the dressing gown

Uninhabited

Hoping to recover

The past form

The missed tissue

And touch

Hilda Couto Serantes

That joy and excitement!

Forbidden relax

That satisfied me all day

Playing with my friends

In the neighbourhood

Sweat, sweat

And the drops down my forehead

But joy

Climb up and down

Pick up, step

I feel good.

In the end

A cool soda at home

The prize

Of my dear mother

Happily waiting for me

With her well deserved

Slipper

And well,

I was saying,

Climb up and down

Nothing happened

The next day

Back to forbidden relax

The drops of joy

Down my forehead

Slendy Marcela Tavera

Sitting on her chair

Next to the fire of the kitchen

The grandmother

Sees in her mind

The past of her life.

She tells the small children

Who listen with attention

The meaning of her past

Ana María Quintáns

My Polar Bear

I had got a polar bear

He was always on my bed

He was always in my dreams.

I don’t know where he is now

But he is always in my heart.

When I remember him

I remember my family,

Those happy Christmas,

I remember my childhood.

Yago Reza

My interactive Doll

It’s not llike the others.

This is unique and beautiful for any princess.

She emits pleasant sounds.

My father gave it to me.

She’s my Baby Anabell.

She’s funny to play with.

If you give her the bottle, she burps.

If you give her the pacifier, she moves her lips.

She laughs, she cries

At the sound of the rattle, she babbles.

And in a while, she closes her eyes

And sleeps.

Alba Morais Da Fonte

The Meadows

On the way home

I went barefoot through the meadows.

I liked running among cows.

It was a happy childhood

climbing trees,

eating mangoes

and tangerines.

One catastrophic day

bad men came

and we had to leave

our trees

our cows

our meadows

and thus

my happy childhood.

Claudia Martínez

 

Na tarde: Un grupo de persoas entregadas á memoria. Ás palabras que tenden fíos entre nós e os obxectos. O recordo que no proceso se fai literatura. A emoción, calibrala, compartila. Sentir sempre o privilexio de quen deposita a historia persoal en nós.  E despois escoller as palabras. Miralas de perto, atender á súa música.

 

poema_alf_ourense

poema_alfabetizacion_ourense_2014

 

pilar_poema_alf

 

poema_ourense_alf_negro

poema_alfa_ourense

 

 

Isto é poesía? É.

Con cada obradoiro confirmo que o contacto coa poesía, chegue á altura que chegue, pode ter un valor definitivo na vida das persoas. Dende os que nunca leron un poema ata os que escriben sonetos. Alí, na aula da tarde todo era posíbel. Dende fiar o liño ata os reloxos que aparecen na casa como cans ou gatos. O tempo. O código.

De volta, ademáis da tarta do San Martiño, trouxen un feixe de experiencias e palabras como cicatrices. Os nomes de poetas queridos ficaron no na aula do segundo andar. Velaiquí algúns dos versos.

Tan agradecida e feliz pola xornada intensa e irrepetíbel. Sempre voltar.

 



Obradoiros de poesía e escrita creativa en Vigo
15/12/2014, 12:33
Filed under: Apiario, Obradoiros

Comezarán o 16 de xaneiro, en colaboración con //AFUNDACIÓN. Serán tódolos venres de 18:00 a 20:30. Deixovos a seguir toda a info e por suposto podedes consultar o resto da oferta de formación de APIARIO aquí.

DE MISTERIO E TÉCNICAS (16-1-2015/ 6-2-2015)

Este obradoiro está dirixido a todo aquel que queira achegarse ao acontecer poético. Podemos domésticar a linguaxe? A súa estrutura? Pódese penetrar no sórdido, na emoción do sórdido, e calibrar os lindes ata os que podemos levar a imaxe?

Que é a beleza? Unha ilusión óptica? Unha actitude? Dúas palabras que firen?

Que pasa no poema? Que é o que nos importa no poema? Canta atención lle prestamos ao sen alento?

Sabemos cortar os versos? A medida? O ritmo?

Sabemos ler?

E o silencio? En que medida é posíbel producir o silencio no poema?

Ferramentas. Aprenderemos ferramentas para construir o texto. Pero sobre todo, e dígoo a modo de advertencia, a deriva será o pilar da aprendizaxe, demorarémonos en calquera concepto, calquera, que alumee a nosa achega ao poético.

Esta é a proposta.

E sempre a esixencia á palabra, o escrutinio ao que sometemos o poema.

Así visitaremos algúns poetas da literatura universal, e en particular da literatura galega, que han de sinalar, subliñar, para admirarnos.

Escribamos.

Aquí o programa completo.

 

ESCRITA CREATIVA. AS TÉCNICAS D*S GRANDES AUTOR*S (13-2-2015/ 6-3-2015)

E xusto despois seguiremos cun curso de Escrita Creativa. A proposta deste obradoiro tenta abordar a escrita creativa dende os mestres. Así apoiaremonos na análise dos mecanismos que algúns autores empregan maxistralmente nas súas obras, co obxectivo de penetrar e descubrir as súas ferramentas. O que nos interesa é fixar aquelas técnicas que servirán de guía para a propia escrita.

Organizado en catro bloques, o traballo coa palabra irá da man de Julio Cortázar dende a concepción da trama, internándonos no proceso do misterio xunto co manexo da tensión e a distensión. Despois deterémonos con Sandor Marai na construción das personaxes, as posibilidades que se abren no retrato profundo, e esa procura da unicidade, da personaxe xenuina que trascende a propia obra. A seguir traballaremos con Herta Müller e o estilo único que fai recoñecíble a voz da autora. E fecharemos cunha das voces máis potentes do panorama galego, Gonzalo Hermo, que servirá de modelo para mergullarnos na precisión e a arquitectura do poema.

Aquí o programa completo.



Peizoque e grafiti no CPI Cruz do Sar
02/06/2014, 09:13
Filed under: Obradoiros, Peizoque, poesia

Primeiro foron os mais pequenos, que me tiñan reservadas un lote de sorpresas.Traballar na biblioteca. Levar o peizoque, as palabras que el adoita comer. Pero desta volta as nenas e nenos prepararan un bo feixe de tarxetas con palabras e debuxos para este paxariño rebuldeiro: FARO, XARDÍN, GUEPARDO, ROSA, LÚA, RELOXO, FROITAS, XEO…

CIMG7231

CIMG7237

CIMG7245

O alumnado de primeiro de primaria non so sabía as estrofas, os animais, as palabras máis difícís se non que tiñan preparada unha entrevista chea de preguntas marabillosas e dificilísimas relacionadas co conto e comigo.

Gustaríame, entre todos, agradecerlle o entusiasmo a Fernando, que traia o peizoque pegado ao peito.

Para rematar fixeronme entrega dun libro de artista feito polos pequenos e pequenas que fala de min, dos libros que levo escritos e ademáis cheo de ilustracións para o conto. Foi o mellor agasallo! Conmoveume profundamente e quero agradecer todo o traballo que fixeron as mestras para que o encontro ademáis de desenvolverse con éxito,  fose máxico.

2014-06-02 09.39.25 2014-06-02 09.38.21 2014-06-02 09.38.33 2014-06-02 09.38.44 2014-06-02 09.38.57 2014-06-02 09.39.16

Por outra banda os rapaces de 1º da ESO traballaron con grafiti+poesía, nun encontro entretido, cheo de análises interesantes sobre as imaxes e os versos. Quero agradecer a atención e o entregados que estaban no encontro. Velaiquí algúns dos froitos:

Se o día pinta gris
sorí de cores.
Sofía Seoane.1º B

Teño medo de ti
e medo sen ti.
Sergio Paules. 1º B

Eu necesito o meu corazón para vivir
pero o que máis necesito es ti,
ti es quen o fai latir.
Marta Pose. 1º B

Na cama dórmese,
ao teu lado sóñase.
Rubén Castro. 1º B

Ahí donde estás tú,
lejos de donde estoy yo.
Lucía Vázquez. 1º B

Gustaríame volta anos atrás,
no anos em que todo eran sorrisos.
tempos de felicidade e amizade
que quedaran nos meus pequenos recordos.
Andrea Solís. 1º A

A casa onde eu nacín,
a casa onde crecín.
É a casa que eu quero,
é a casa que eu desexo.
Paula Pérez. 1º A

A figueira é máxica
talvez teña un bo figo
ou un malo.
Pero todos teñen un recordo
moi doado ou traicioneiro
que cando menos o esperas
máis axiña chega.
Laura Martínez. 1º A

 

CIMG7251

CIMG7256

CIMG7252

Voltar ao CPI Cruz do Sar ten sempre moito de infancia, de recoñecerme no recreo daquel patio, no camiño á aula.  Levo anos indo, primeiro convidada pola Alcaldesa Alejandra Pérez para presentar O pouso do fume e O peizoque Roque, e nesta ocasión convidada polo propio centro. Eu quero recoñecer a labor da escola pública, o esforzo dun equipo docente, que moi á contra de desfalecer segue imprimindo ilusión e profesionalidade día a día. Alumno a alumno.

Sempre voltar!

 

 



Poesía +Grafiti na Universidade Laboral
20/04/2014, 22:08
Filed under: Obradoiros

mural_universidade_laboral

Regresar.  Regresar. Os lugares son as persoas que os habitan? Durante case corenta anos meu pai traballou na Universidade Laboral do Burgo.

Por iso esta visita era distinta. Chegar antes. Quedar no coche mirando pasar a xente.

O mural, tan outro ao da nenez. Non visitei moito a Laboral de nena, coido que non chega ao centenar de veces ao longo da miña vida. Pero lembro ficar tempo diante do mural, alí, hipnotizada coas cores. De cativa meu pai agasallárame unha revista co mural na capa. Acompañoume durante anos ata que se extraviou.

A Laboral, o cuarto escuro, a luz vermella, algúns grandes amigos e compañeiros de meu pai. Apelidos tatuados nas conversas de maiores diante da nena. O bolo e a chocolatina despois das gardas.

Meu pai.

Todo isto serviume  de prólogo para falarlles dos lugares e traballalos en forma de constalecións. Deténdonos niso que os fai únicos, a exclusividade, o íntimo, o que deixamos de nós no espazo, o que nos ancora a el de forma máis ou menos fortuita, máis ou menos definitiva.

As aproximacións poéticas do alumnado amosaronme que os lugares son as persoas: a casa da bisavoa, o castelo, madrid, a árbore da infancia…

Tiven a sorte de que na biblioteca me agardara un grupo de rapazas e rapaces realmente fantástico, atentísimo, con moitos escritores, e un profesor que cultiva a paixón pola literatura. Podía pedirse máis? Falamos de poesía, de palabras grandes e pequenas, de pintadas, de amor e amizade, de encontro e  perdas.

Apenas puiden agradecer a implicación naqueles traballos, o alto grao de exposición, as emocións ecoando na antiga capela. Sentir o privilexio de que compartían comigo algo valioso.

Agardo por aqueles versos.

Quero transmitirlles de novo o meu entusiasmo e agradecimento ao equipo da Biblioteca e ao Departamento de galego, en especial a Fernando Torreiro e Pedro Trashorras.

Inesquecíbeis xa aquelas xornadas, que foron moito máis que poesía e grafiti.

Sempre volver.

 



Un libro de peizoques
02/04/2014, 11:17
Filed under: Obradoiros, Peizoque

2014-04-02 12.00.59

Foi o pasado luns. Chegaba ao CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña, onde me agardaba unha das responsábeis de Biblioteca e unha aula chea de nenas e nenos que sabían de memoria moitos dos versos do peizoque!

Sempre é unha ledicia levar o conto de Roque. Pero nesta ocasión o que non sospeitaba era que o alumnado de 3º de Infantil me tiña preparada unha gran sorpresa, un libro feito por eles: Os nosos peizoques.

Foi fantástico estar, saber do ben que traballan neste centro e regresar cun feixe de peizoques moi ben alimentados!

Agradecida!!!

 

2014-04-02 12.02.46 2014-04-02 12.02.33 2014-04-02 12.02.20 2014-04-02 12.02.07 2014-04-02 12.01.47 2014-04-02 12.01.30 2014-04-02 12.01.16



Arquitecturas do poema. Obradoiro de escrita creativa.
08/01/2014, 17:00
Filed under: Obradoiros

arquitecturas_poema

Da comezo o segundo trimestre de Arquitecturas do poema.

Atrás quedan xa os conceptos poéticos de perda, ruinas, morte, o lugar, a beleza, a construcción da voz poética e algunhas ferramentas apuntalando arquitecturas do poema.

Nos vindeiros meses abordaremos máis ferramentas, abriremos fenda nos tópicos literarios, tantearemos a poesía amorosa, o poema breve e hiperbreve, asociado ao aforimo (Porchia), a música (silencio, ritmo, rima, acento) en tódalas súas vertentes na creación poética.  E a trampa, a trampa que xa se anunciaba en decembro, o mecanismo exacto do poema. E por suposto seguiremos aprendendo e reflexionando sobre a creación poética con Juarroz, Eliot, Salinas, Pound…

Debo repetir, e dígoo a modo de advertencia, a deriva será o pilar da aprendizaxe, demorarémonos en calquera concepto, calquera, que alumee a nosa achega ao poético.

Esta é a proposta.

A inscrición inclúe master-class con dous escritores recoñecidos por trimestre. No pasado as visitas de Celso Fernández Sanmartín e Gonzalo Hermo.

Sesión aberta e gratuita o xoves 9 de xaneiro ás 20:00. Praza da fariña, 12. (Praza de Azcárraga)

Prezo: 60 euros/mes.

Escribamos.

Matrícula e info: eu@dorestembras.com



Master class con Gonzalo Hermo
08/01/2014, 16:56
Filed under: Evento, Obradoiros

20131212_194828

Finalmente decídome así

coas mans atadas ás costas

e un pedazo de papel tapándome os labios cun verso de Artaud:

eu padecín cincuenta electroshoks, cincuenta estados de coma 

Gonzalo Hermo, Crac.

Foi nos últimos días de decembro.

Gonzalo Hermo traía consigo os tempos asociados ao poema, e versos de poetas moi queridas e admiradas: Xohana Torres, Chus Pato, Olalla Cociña, Olga Novo ou Alicia Fernández entre outr@s.

O sinxelo foi rendirse ante o seu discurso, artellado no mecanismo temporal dende o que se sitúa o poeta.  Xurdiron moitos outros conceptos, e Gonzalo foi dunha xenerosidade maiúscula falándonos do seu propio proceso de creación e partillando algúns textos inéditos do seu novo traballo.

Dicir luxo, honra ou privilexio. Repetir o que significou esa tarde para tódolos asistentes. O fascinio ecoando cando el fechou a porta.

Os bolos de Santa Lucía. A noite.

Eu débolle moito a Gonzalo, pero como dixen ese día, a súa presenza en Arquitecturas do poema é un dos luxos que me reserva a súa amizade. Compartir a mirada, a peneira á que se someten @s escritores  que axudan a configurar o propio traballo. Foi un encontro tremendamente estimulante para tod@s.

Verdade.

Moi agradecida.



Intensivo en Compostela. A vertixe, o poema
22/10/2013, 12:18
Filed under: Obradoiros

navertixe_construir_poema_obradoiro_santiago_lilith

Será xusto dentro dun mes. Na librería Lila de Lilith, en colaboración con PICAVERSOS. Intensivo de 8 horas. Venres 22 é sábado 23 de novembro.

Quero velo todo, quero construir o poema, camiñar polos cantís, saber do acontecimento poético, das ferramentas, do misterio e a técnica.

Entre o azar e o cálculo a vertixe.

Máis info e matrícula:

liladelilith@gmail.com

eu@dorestembras.com



De recitados
04/10/2013, 11:55
Filed under: Obradoiros, poesia, Pouso

O convite fixerase xa na primavera pero finalmente o encontro foi o pasado xoves 26, á noite, na Asociación Veciñal “Agra”. Dentro do ciclo da actividade “Gosto de che ler un poema” adicáronlle tempo e atención a “O pouso do fume”. Marabilloume a idea de escoitar os textos en voces alleas, con outros rexistros, outras pausas.

Primeiro a entrevista feita por unha das asistentes á actividade, impresionoume a exhaustiva presentación do meu traballo, a lectura da obra.
Un verdadeiro pracer demorarnos en detalles mínimos, en Pizarnik, nos referentes, no silencio.
Despois foron saíndo o resto dos asistentes para recitar un ou dous poemas do pouso.
Emocionante. Por moitos motivos, pero sobre todo por coñecer a un grupo de persoas que se reúnen semanalmente para ler poemas(de autores clásicos e novos), ensaiando o recitado, debullando as poéticas.

Síntome moi agradecida pola calidez do encontro, polas atencións.

Máis veces.