Filed under: Obradoiros
Será xusto dentro dun mes. Na librería Lila de Lilith, en colaboración con PICAVERSOS. Intensivo de 8 horas. Venres 22 é sábado 23 de novembro.
Quero velo todo, quero construir o poema, camiñar polos cantís, saber do acontecimento poético, das ferramentas, do misterio e a técnica.
Entre o azar e o cálculo a vertixe.
Máis info e matrícula:
Filed under: artigo
Saía no Extra da Voz de Galicia, este domingo. Unha conversa a catro bandas: Ana Abelenda, Olalla Cociña, Antía Otero e eu mesma. Partíamos do cap. II do documental de John Berger “Modos de mirar” onde o autor analiza como se ve o corpo da muller. A representación. O espello. Mirarnos a nós mesmas dende os nosos ollos. Pero tamén tódalas encrucilladas. As apostas persoais, as poéticas, o modo de estar.
Partíamos de aí cara o infindo.
Os retos pendentes. Moitas lecturas, referencias, anécdotas que se comentaron e que finalmente ficaron só no ar. Unha conversa vehemente e onde se impuxo a necesidade do compromiso explícito, do combate aberto no cotiá.
Acabar preguntándonos se en dez anos teremos a mesma conversa.
Veremos.
Filed under: Podcast
Javier Martín. Ver a súa peza “Antioedipus aut homúnculus” (que estará estes días en Madrid) e fascinarme co seu traballo foi todo un. Por iso o encontro. Coa luz da mañá, a conversa no seu estudio na cidade Vella da Coruña, onde imparte monográficos e intensivos. E un extraviarnos entre palabras e propostas artísticas. Eu quería falar dos fíos que se tenden entre o quefacer poético e o traballo co corpo.
Iluminadora, verdade. Velaiquí as palabras.
Imprescindíbel coñecer e desfrutar do seu traballo.
El ansia
El estado crudo
Rizoma
Cuerpo sin órganos
O convite fixerase xa na primavera pero finalmente o encontro foi o pasado xoves 26, á noite, na Asociación Veciñal “Agra”. Dentro do ciclo da actividade “Gosto de che ler un poema” adicáronlle tempo e atención a “O pouso do fume”. Marabilloume a idea de escoitar os textos en voces alleas, con outros rexistros, outras pausas.
Primeiro a entrevista feita por unha das asistentes á actividade, impresionoume a exhaustiva presentación do meu traballo, a lectura da obra.
Un verdadeiro pracer demorarnos en detalles mínimos, en Pizarnik, nos referentes, no silencio.
Despois foron saíndo o resto dos asistentes para recitar un ou dous poemas do pouso.
Emocionante. Por moitos motivos, pero sobre todo por coñecer a un grupo de persoas que se reúnen semanalmente para ler poemas(de autores clásicos e novos), ensaiando o recitado, debullando as poéticas.
Síntome moi agradecida pola calidez do encontro, polas atencións.
Máis veces.