Primeiras críticas da cronoloxía
11/08/2014, 10:49
Filed under: Cronoloxía da urxencia
Filed under: Cronoloxía da urxencia
A mensaxe chegaba na mañá cedo. Podería pensar que despois de ter pasado polas críticas do pouso xa estaría afeita. Pero non, coido que unha nunca se afai a ler as achegas dos demáis sobre a obra propia.
Tiven que coller o coche, porque en dous km á redonda non había ningún quiosco. E mentres conducía pensaba en tódalas posibilidades, na ansia, na responsabilidade de dar a ler unha obra. No complexo proceso de recepción.
Merquei o xornal e sentei ao pé da caseta, na praia, a ler.
Mentres atropelaba palabras, sentínme moi afortunada pola minuciosa lectura de Armando Requeixo, por revelar tanto e entregarse a esta Arquitectura da mudez sen reservas.
Que sorte repetir hoxe como daquela: Moi agradecida.
Deixar un comentario