Había anos que non o facía. Tampouco tantos. As palabras no ceo.
O Lafargue último rondándome. Traballo vs Preguiza.
O sol que apreta os músculos. Os terróns. O po pegándose ao pescozo.
O rito. Pode que sexa iso. Experimentar o paso do tempo a través da mesma procura.
Desenterrar o dourado. Admirarme.
Este ano non choveu, apenas puideron saír.
E eu, eu só agardo a que aconteza, igual que hai anos. Mais non sempre.
Agardo a que a xeometría en louza me deslumbre. Limpala contra o pantalón. Admirala.
Saber que sosteño entre os dedos o fósil da cociña primeira.
Xa daquela, a certeza.
era custodiar
a terra
un custodiarse
partitura de raíces
que me contiñan
eran as vexigas
na carne infantil
unha constelación
de tubérculos aluarados
que me empeñaba
en admirar
roedora insaciábel
rella
do arado que manca
ghrade e caínzo
para a iniciada
no sen alento
(silabario)
5 Comentarios so far
Deixar un comentario
Grazas. Necesitábao.
Comentario por xurxo 02/09/2013 @ 23:09Xurxo, mil grazas!!
Comentario por dorestembras 03/09/2013 @ 07:52Reblogueó esto en AsturGalicia Noticiasy comentado:
Comentario por asturgalicia 03/09/2013 @ 10:56Add your thoughts here… (optional)
Fantástico. A louza (e o cristal) saíndo á luz de entre a terra. Re-nacendo. Marabilla. Admiralo sen alento.
Comentario por Emilio 03/09/2013 @ 14:31MIllóns de grazas
Si, si tamén o cristal. Compartilo. Eramos infantes-arqueólogos. :D
Comentario por dorestembras 03/09/2013 @ 23:48