Sucos: blog de Dores Tembrás


Febres II. Asunción Silva
05/01/2011, 15:42
Filed under: grafo, Literatura, pensamento, petit trèsor, poesia

Non ía ser tan doado. Regresei onte á novela e non fixen outra cousa que extraviarme de novo na delicadeza das imaxes de Silva. Post-it acumulándose. Como ofrecer nun post a atmósfera que Silva? Como falar desas orquideas imposíbeis que o poeta protagonista, Fernández, cultivaba para as súas admiradas no invernadoiro transparente? Como recuperar ese escritorio renacentista e os comentarios de Eva Valcárcel na aula de 2001?

Lin a novela en tres ocasións, con anos de distancia, e sempre o mesmo éxtase luxoso, exhuberante, abullonado. E un fío glacial, tráxico, enfíandoo todo.

De sobremesa. Dentro. Quería ser, e fun, unha das túas admiradas, Fernández, dos teus versos, sen conquista, deixei que perderas a luva confeccionada en Paris naquela velada onde a seda xaponesa, onde o fru-fru do meu vestido. E Silva e Fernández confúndense na linguaxe, e autor e protagonista visten a mesma levita, a mesma garabata de chantun branco picada de alfinete con brillante.

Maria Bashkirtseff. Foron os ollos de Silva os que ma agasallaron. Como non contaxiarme da súa devoción?:

“Verdad que hacía dos horas la magia de la música la hizo olvidarse de todo, de sí misma y  de la tisis, pero ahora, desvanecido el encanto, sola, sentada frente al escritorio, acodada sobre éste,  la luz tibia de la lámpara cayéndole sobre la masa de cabellos castaños, la cabeza apoyada en la mano delicada, ahora al recapitular el día, la lectura de Balzac, la furia de trabajo artístico de Sèvres, el ensayo del vestido, el sueño de grandeza mundana, los momentos pasados al piano, todo se borra ante la realidad cruel de la enfermedad que avanza en el gran silencio religioso de la media noche, la siniestra profecía del hombre de ciencia llena sola, oscura y siniestra como un horizonte nublado, el campo de su visión interior…¡Morir, Dios mío, morir así tísica a los veintitrés años, al comenzar a vivir, sin haber conocido el amor, única cosa que hace digna la vida de vivirla, morir sin haber realizado la obra soñada, que salvará el nombre del olvido; morir dejando el mundo sin haber satisfecho los millones de curiosidades, de deseos, de ambiciones que siente dentro de sí, cuando el conocimiento de seis lenguas vivas, de dos lenguas muertas, de ocho literaturas, de la historia del mundo, de todas las filosofías, del arte en todas sus formas, de la ciencia, de las voluptuosidades de la civilización, de todos los lujos del espíritu y del cuerpo, cuando los viajes por Europa y la asimilación del alma de seis pueblos sólo han servido para desear la vida con ardor infinito y concebir planes cuya realización requeriría diez vidas de hombre! ¡Morir así, sintiéndose el embrión de sí mismo, morir cuando se adora la vida, deshacerse, perderse en la sombra! ¡Imposible…!”

Trala lectura das páxinas que Silva-Fernández adica a Maria as febres agallopando en min. E as palabras no diario da artista adorada o 3 de xullo de 1876:

“Este pobre Diario que contén tódalas aspiracións cara a luz, todos estos impulsos terán que ser considerados como arranques dun xenio aprisionado se ao final fose coroado polo éxito ¡pero serán vistos como delirios vaidosos dunha criatura banal se acabo enmofandome eternamente! ¡Casarme e ter fillos! ¡Pero cada lavandeira pode facer outro tanto! A non ser que atope un home civilizado e lúcido ou débil e namorado. Pero ¿Que é o que eu quero? Vos sabedelo ben. ¡Eu quero a gloria! Non é este Diario o que ma outorgará. Este Diario non será publicado máis que despois da miña morte, porque eu estou aqui demasiado espida para amosarme en vida. Por outra banda, non será máis ca o complemento dunha vida ilustre”.

Maria. Maria. Imposíbel conseguir os seus diarios traducidos. E a insatisfacción abisal. Ela na excepción, e así, no ceminterio de Passy, a túa tumba, monumento histórico no que as flores de Silva apodreceron hai tanto.

Pre-raphaelite brotherhood. Dende as primeiras páxinas Silva fai da pintura da irmandade inglesa ofrenda para sensibilidades escollidas. E así, quen é fiel seguidor daquela revolución artística de poetas, pintores, escultores e críticos, recoñece nas palabras de Fernández o cadro de Millais:

“evocada por las notas dolientes del nocturno y por una lectura de Hamlet, flotaba, pálido y rubio, arrastrado por la melodía como por el agua pérfida del río homicida, el cadávez de Ofelia, Ofelia pálida y rubia coronada de flores…el cadáver pálido y rubio coronado de flores, llevado por la corriente mansa…”

Non podo asegurar se foi daquela cando descubrín a morte de Siddal, Elizabeth Siddal, muller de Rosetti e modelo de Millais no cadro Ophelia que Silva describe no fragmento citado. A morte da muller que durante tantos días flotaba no baño para que cada pregue do vestido fora certo no cadro. As velas consumidas baixo a bañeira, a auga xeada. A morte.

Fora daquela cando unha amiga da facultade me ensinara un suplemento cultural, que seu pai gardara, do xornal El País adicado á irmandade. Lembro aquela tarde na sala da súa casa, e unha análise dos símbolos do cadro O espertar da conciencia. Esa foi a mesma amiga que me agasallou o seu exemplar da novela ao saber que a min mo roubaran.

Co tempo iría enchendo o meu propio andel adicado á irmandade, libros traidos de Porto, Göteborg, London. As visitas á TATE. E a emoción estética, o tremor no rostro compartido con Silva, aínda o pasado estío.

Obra poética.  Silva perdeu nun naufraxio o arcón no que gardaba toda a súa obra. A De Sobremesa que chegou a nós é un intento de recuperar a novela perdida.  Ademáis consérvase un tomo non moi extenso de parte da súa obra poética. O resto despareceu nalgún lugar do mar entre Venezuela e Colombia. Silva nunca superou aquela perda.

En 2002 chegou ás miñas mans a selección feita por Hiperión, recén reeditada,  co monograma do poeta na portada, fondo verde.

O nocturno. Moitos críticos din que é un dos poemas de amor máis citado en toda  América Latina. Pero hoxe non, hoxe quero deixar aquí un par de versos destoutro texto La ventana:

La brisa, dulce y leve,

como las vagas formas del deseo,

llevó al pasar por los barrotes duros

aroma de azahares y de lirios

José Asunción Silva, o la presencia del amor ausente. É o estudio que Juan Carlos Botero lle adica a Silva na obra El idioma de las nubes.  É interesante a súa análise na que coquetea cos lindes da vida e a obra sen aventurarse en cotilleos ou presuncións infundadas, e aínda que toma partido, xustifica con detalle a súa exposición.

De todo o estudio a descripción do neno Silva de doce anos veu a escintilar na tarde do luns, a lembranza íntima que Evangelista Manrique fai do compañeiro de xogos:

“A los doce años causaba la envidia de párvulos inocentones y escolares inquietos al presentarse con su vestido de terciopelo traído de Europa y cortado sobre medidas, sus guantes de cabritilla siempre calzados, sus zapatillas de charol, sus flotantes corbatas de raso, su reloj de plata, pendiente de bellísima leontina de oro, y sobre todo (detalle único entre los niños de esos tiempos) su cartera de marfil, en la cual guardaba tarjetas de visita litografiadas, que bajo cubierta  de fino papel timbrado enviaba en los días de cumpleaños a los amigos de su casa.”

A sofisticación luxosa que impregna todas e cada unha das páxinas da novela adquire nova dimensión ao entender que a aristocrática apostura, o impecábel vestir, o coidado minucioso pola súa persoa (as unllas puidas e recortadas en améndoa), a distinción e elegancias naturais (herdadas do seu pai D. Ricardo)  e, en definitiva,  todo o que rodeaba a Silva é natural en Fernández. Imposíbel sorprenderme ao saber que o pai do escritor levaba unha tenda de obxectos de luxo en Bogotá, que amaba a literatura, e que convertiu a casa familiar nun lugar de encontro para as célebres tertulias El Mosaico, nas que os intelectuais máis brillantes da época se reunían.

O neno Silva foi apenas. Sempre precoz entre conversas de adultos onde presidían pensamento e arte. Como non entender a inadaptación de Silva nunha Bogotá sofocante e trasnoitada que non perdoou a exquisita sensibilidade do escritor?

E así  en 1884 chegou a Europa, onde os museos, onde as viaxes e o fervor artístico. As lecturas infindas, os intelectuais máis sobresaintes do momento, incluido Mallarmé.

Como non compadecelo no seu regreso a Colombia dous anos despois? Como non desculpar certa arrogancia, a marxinalidade imposta, a imposibilidade de compartir as emocións vividas? Como non compadecerte trala morte da irmá cómplice, Elvira? Como non maldicir a sorte negra nos negocios? E o naufraxio do 94?

Silva, podo desculpar ata o disparo no peito, xusto na marca que o médico trazou esa mañá para sinalarche o lugar do corazón.

Pode ser que Tablada acerte, que ti non teñas unha biografía, senón unha lenda. Importa?

Que tódalas febres que me quedan  sexan como a que contigo.


1 comentario so far
Deixar un comentario

[…] en Gonzalo Vázquez lévame a De sobremesa, de Asunción Silva. (Penso naqueles posts, na febre. Agora tamén.) Esa vocación interdisciplinar, renacentista desvela un dos piares fundamentais […]

Pingback por GV. discreción elocuente « Sucos: blog de Dores Tembrás




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: