Sucos: blog de Dores Tembrás


Poetas di(n)versos VII. Confidencias
19/05/2010, 11:08
Filed under: Evento, poesia, recital

Elena Medel. Marica Campo

Onte fechouse o ciclo ata o outono. E foi unha clausura en feminino.

Elena Medel. Eu lera algo do seu primeiro poemario, Mi primer bikini, pero onte, en vivo. E alí, facéndonos confidentes, alí, tan nova, alí nós escoitando mentres a adolescencia regresaba de vacacións. E as tentacións primeiras, perversas, e as canicas, tódalas cánicas a chovernos. E o amor, o AMOR, ese tan íntimo, tan recoñecíbel para min, a avoa, transferido.

Marica Campo, ofrenda  sempre. E escoitarlle “e todo foxe nun fluir de fume” que encabeza o meu pouso. E daquela o ar suspenso. E hai nesa experiencia do mundo, entre sextinas e sonetos, amor-amores. E unha tolería fascinante da que apropiarse. E a poeta deixa acios frescos nas cadeiras antes de coller a barca, ou cofre dos tesouros, e botarse á mar.

Unha iniciativa así é difícil de agradecer. Parabéns a todo o equipo da Concellería de Cultura por esta aposta pola poesía, a Yolanda Castaño pola organización e dirección do ciclo, de cada un dos encontros.

Os invernos na Coruña non son fríos, nin húmidos, son en verso.


1 comentario so far
Deixar un comentario

“Os invernos na Coruña…”

hermosa conclusión!

Comentario por marcelo




Deixar un comentario