Sucos: blog de Dores Tembrás


Feliz cumpreanos
21/03/2010, 20:58
Filed under: Lingua

As cousas son así. Seino. Pero como evitar esta loita do cotiá, do mínimo detalle? Que é a que máis fire.

Encarguei a tarta para o cumpreanos do meu pequeno. Tómanme nota:

Que quere que poña?

Feliz cumpreanos.

A panadeira escribe Feliz cumpleaños.

Repito: Feliz cumpreanos.

Ela tacha e corrixe.

Vou recoller a tarta. Que pon?

Feliz cumpleaños!!!! E aínda me sorprendo.

Vaima empaquetar  e dígolle, desculpa  que pon?

Feliz cumpleaños

Xa, pero eu encarguei que puxera feliz cumpreanos. Revisa a nota.

Efectivamente, di

A tarta volta para adentro e finalmente  sae galeguizada.

Así penso explicarlle ao meu fillo a situación do galego cando el fixo os dous anos. Para que entenda que no video no que el cantaba desexámosche todos, e os demáis te deseamos todos, eran os outros, os outros, pequeno, os que non sabían a túa canción.

Advertisements

7 Comentarios so far
Deixar un comentario

Un galego pode vivir a 1000 km da galiza pero non sera feliz por estar lonxe da sua terra, cando poidan identificarse coma galegos simpremente pola sua lingoa, o seu fogar sera o mundo.Jo soc lliure perque porto el meu mon en el meu cor…. bicos maca

Comentario por angel

Parabéns para ti,
parabéns para ti,
nesta data querida,
muitas felicidades,
muitos anos de vida…!!!!!!

Comentario por kurumin

É tempo en que muitos ignoran a nosa existencia pero nós non podemos facelo. Renunciar a ser nós mesmos é algo que non podemos nunca consentir.
Ánimo, que para o ano que vén seguro que atopas quen faga ben as cousas. Non é outra cousa que profesionalidade e corrección no trato, que non se confundan!

Comentario por Kamikaze nach München

O meu comentario vai ser un pouco fúnebre. Visitei este fin de semana aos meus ,que xa non están, no cementerio da vila. Poido asegurar que o 99% da xente que alí repousa foi galego falante. Non atopei nin unha lápida só escrita na lingua galega. Que impaís!

Comentario por Fernando

Acabo de ler a túa anotación a través do blog Milprimaveras. Como ti ben dis, as cousas son así, mais nós insistiremos para mudalas, porque non estamos equivocadas, verdade?

Comentario por Acuática

O que pasa é que está a discriminar aos que falan castelan, como se pode evidenciar neste caso.
O fundamental é que recibades a miña agarimosa felicitación polo acontecemento. Xa tedes un homiño!!!!

Comentario por Alfonso

Imaxino o cumpreanos número dazaoito -por exemplo- do teu neno, e gústame pensar que as cousas serán doutro xeito. Agardo que cando lle lembres o que ocorría cando el era pequeno coa súa lingua ao encargar un pastel, ao preguntar calquera cousa en case calquera tenda, el sorría incrédulo. Agardo, imaxino e dalgún xeito tamén confío en que somos moitos eses “radicales, extremistas de siempre” que cantamos a mesma canción.

Un bico!

Comentario por bertadavila




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s