Sucos: blog de Dores Tembrás


Obradoiro de lectura en Monte Alto
23/12/2009, 23:48
Filed under: poesia, Pouso

emma_dores_clube_lectura lendo

palabras_apertas clube_lectura

Foi o meu primeiro obradoiro como escritora convidada. Algo excepcional. A admirada e querida Emma Pedreira quixo agasallarme este nadal cun encontro cos membros do seu clube de lectura e escrita. E alá fun, co poemario cheo de post-its.

Quedamos en improvisar, ese era o trato. E o que acontece cando improviso (e o auditorio é atentísimo, e no ar está esa complicidade previa, que non sabes de onde ven) é que me puxen a falar, ebria de pouso, a dar chaves de lectura inéditas, pero non só as chaves, os marcos das portas tamén.
Cando me decatei alí estaba, fronte a un grupo de lectores ávidos de palabras, que me facían preguntas interesantísimas (un auténtico terceiro grao), revelada con vapor de mercurio para eles.

A tarde foi deliciosa, non podo agradecerlle a Emma o convite, a súa xenerosidade; non podo agradecerlles a cada un dos asistentes o calor, a atención, os papeis coas súas palabras, agora miñas.
Un verdadeiro luxo. Felicísima.


2 Comentarios so far
Deixar un comentario

o pracer, todo noso. En nós o pouso do pouso, afumadas!

Comentario por e.p.

Velaí, para min, un dos grandes momentos que vivimos os que escribimos: o encontro cos lectores, coas lectoras, cando nos expoñemos así, armados cos nosos textos, diante da súa curiosidade. Parabéns. De certo que quedarían moi contentos.

Comentario por náufrago




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: