Filed under: Palabra
Nunca pensei que este verbo tivese un único sentido (non me estou a refererir ao significado). Quero dicer que fose unidireccional. Quero dicer que só estivese reservado para o varón nun dos seus significados. Si, xa sei que o diccionario da RAE está cheo de prexuizos e misoxinia pero non sospeitaba que na terceira acepción do verbo gozar aparecese isto: 3. tr. Conocer carnalmente a una mujer.
Consulto o Manuel Seco ( unha desas inversións memorábeis que fixen na Carreira): 3. lit Poseer sexualmente [a una mujer]. Non acabo de entender o significado dos corchetes…
Neste senso o diccionario da RAG e o Gran Diccionario de Xerais son un exemplo, e non recollen este significado.
Inevitábel non pensar noutras linguas.
Consulto o Collins español-inglés, a segunda entrada indica: (muller) to have, seduce. Daquela tamén recollen ese senso, outra vez de xeito unilateral.
Consulto o Collins Pocket de francés: jouir, o significado non recolle ningunha dirección, nin fai distinción entre home e muller.
Consulto un diccionario calquera on-line en italiano, tampouco recolle a distinción.
Collo do andel o Moderno Dicionário de Lingua Portuguesa. Para os estudantes e para o povo, de 1939. Podía pensar que, ao ser case unha reliquia, o disparate puido rexistrarse, mais sorpresa, non aparece ningunha referencia a home ou muller.
Semella que, nalgunhas linguas, gozar só está reservado para o varón, e a muller é a fonte dese goce.
Xa visualizo un sinal de tráfico: prohibido gozar se és muller.
4 Comentarios so far
Deixar un comentario
Semella xa que logo máis que claro que os redactores dos dicionarios eran só homes. Boa anotación. Convén chamar a atención sobre estas cuestións. Case que atrevería a dicir que este post é, xa que logo, unha completa gozada :)
Comentario por náufrago 08/12/2009 @ 23:04xenial, Dores! tanto por facer, tanto por gozar! jeje, un bico enorme e mil gracias pola foermosa entrada dos Xoguetes póstumos! mua!
Comentario por ana cibeira 09/12/2009 @ 14:46Ola, querida.
Comentario por Vane 09/12/2009 @ 20:58Boa reflexión. Triste, pero real.
Non acabariamos nunca se comenzamos a ver todos os prexuizos sexistas dos diccionarios. Dende o médica como ‘muller do médico’ ata alcaldesa ‘muller do alcalde’.
De todos modos, para min o máis difícil é o sexismo na vida real, no traballo e na sociedade. Non quero pecar se superfeminista, pero
o diccionario non deixa de ser un moi bo espello do moito que queda por recorrer.
Dende logo, a análise do diccionario para buscar estas perliñas é todo un mundo. Que llo digan a xente como Eulalia Lledó ou Esther Forgas que levan anos facéndoo.
Parabéns por esta pequena investigación e pola túa observación. E digo máis: por mis tetas (unha frase que me dicía unha psicóloga a que lle gardo un gran cariño, e que repetía moitas veces) que é falso o que din eses dicionarios. E logo din que non hai machismo. Se se observa xa nos libros, nos LIBROS con maiúscula da escola.
Comentario por maría rodríguez 11/12/2009 @ 13:00