Sucos: blog de Dores Tembrás


RECITAL
27/11/2009, 11:55
Filed under: Evento, poesia, recital

O encontro de onte foi xeneroso, verdadeiro. Os organizadores do acto, Alberto e Xurxo exerceron de anfitrións magníficos. Un pracer compartir a palabra e a mesa con persoas que cren na poesía ata as últimas consecuencias.

Foi íntimo, algo máis dunha trintena de persoas estaban alí para escoitarnos. Interviu primeiro Xosé Abeal, recuperando a patria da infancia, os estertores da vida. Seguín eu, ofrecida ao pouso, coma poucas veces. Despois Emma Pedreira, estreando libro, Xoguetes póstumos (que levou o premio de poesía erótica Illas Sisargas con belos collages de Ana Cibeira), os seus ósos, a casa e o faro ofrenda última para corpos. Finalmente Miguel Anxo Fernán-Vello,  poeta ao servizo da beleza. Os instantes máis transparentes da súa man.

E por se isto fora pouco, Teresa Seara agasallándonos sempre memoriais das poéticas, xenerosa e necesaria como só nós sabemos.

Sublime foi a intervención de Ariel Ninas,  creando extraordinarios espazos musicais coa zanfona, un instrumento descoñecido, intrigante, de posibilidades infindas, como demostrou o seu executor. Improvisacións cómplices con cada unha das intervencións. Todo un descubrimento que desexo seguir desfrutando, intercambio de Borsalinos incluido.

A todas e todos agradecida por entregarse sen reservas, convertindo a tarde no mellor acubillo.

Moitas veces.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Certamente houbo moita emoción… pero as gracias son de quen as merece.
Forte aperta.

Comentario por Alberto




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s