Sucos: blog de Dores Tembrás


De volta do Galeusca
16/10/2009, 11:37
Filed under: Evento, viaxe

galeusca_2009

Ainda que xa algúns compañeiros fixeron crónica completa e exhaustiva do encontro, non me resisto a escribir algúns apuntamentos sobre o Galeusca.

Neses días en Arantzazu tiven ocasión de contactar con escritores cataláns, vascos e galegos. De gran interese para min foi descubrir de perto a situación da súa lingua e literatura, sen intermediarios.

Sentínme parte de algo, membro dunha delegación que coincidía plenamente en enfoque e plantexamentos da realidade literaria e lingüística, prometo que eu non coñecía case  a ninguén previamente. E iso foi extraordinario, sentín unha forza común nas mesas de traballo, con ideas claras e mirando cara o futuro con optimismo. Literatura minorizada si, pero de calidade.

Confeso que sentín fachenda ao escoitar aportacións brillantes dos compañeiros,  apuntamentos agudos e moi centrados en torno aos obxectivos que nos reunían.

Inesquecíbeis días de mosteiro e brétema, fractais, choiva calando pensamentos, sobremesas infindas, música, risa e reflexión con xente interesantísima. Suliño, interesantísima. Feliz de ter compartido este tempo con grandes escritores, críticos e editores, agora tamén cómplices.

Deixovos enlaces a outras crónicas:

Francisco Castro

Fran Alonso

Marcos Calveiro

Alfredo Ferreiro

Antía Otero

Blog Editorial Galaxia

AELG


4 Comentarios so far
Deixar un comentario

É tempo de moito traballo. A lingoa, a nosa lingoa atopase bastante ameazada. Por iso calquera iniciativa en prol da nosa cultura e da nosa identidade é un fito moi importante. Consolame pensar que xa noutros tempos, na “longa noite de pedra” soubemos conxurar todas as ameazas e manter viva tan importante legado

Comentario por Alfonso

Falando de iniciativas, a ver se o domingo non colle un alfiler na Alameda!!!

Comentario por dorestembras

Foi un auténtico pracer partillar estes días contigo, Dores. Vémonos en Compostela.

Comentario por Folerpa

Sigamos na loita. Cos corazóns igual de abertos sempre.

Comentario por náufrago




Deixa unha resposta a náufrago Cancelar a resposta