Sucos: blog de Dores Tembrás


experiencia artabria
11/06/2009, 18:32
Filed under: petit trèsor

Hai anos que o coñezo. Penso na primeira vez, as combinacións deixándome aprender, a delicadeza da forma, o contido exquisito, a reinterpretación necesaria dalgúns pratos da cociña galega. Dende entón cada vez algo distinto, pero sempre a mesma poética. Así, os días que vou comer ou cear alí, prepárome para a experiencia. É recomendábel a intimidade porque é preciso non distraerse, o obxectivo é concentrarse nas creacións, poder prestar atención exhaustiva a cada elemento do prato, á súa combinación, desfrutando do pracer da experiencia.

Recomendo o menú degustación, seis haikus complementarios que dependen da tempada, buscando a armonía co contexto:

Escuma de cenoura con ovo de paspallás. O aceite de oliva no fondo, a escuma quente.

Carpaccio de reno afumado con ensalada de queixo Idiazábal. O fume na lingua, a carne case transparente, o queixo complementándoa.

Colas de langostino con envolto de acelga e champiñóns sobre brotes de soia. Unha excelente combinación de texturas e sabores.

San Martiño con vinagreta de langostino e trigueiros. O peixe no punto, e aquelas escamas de sal coma pequenas pirotecnias na boca.

Avestruz ao allo con puré de pera. Imposíbel describir a excelencia da combinación desta carne coa pera doce.

Milfollas de mazá con textura de arroz con leite. Un dos seus mellores postres, a mazá aceda con biscoito estaladizo, a canela do arroz con leite. Delicadeza.

Pero non podo deixar de nomear aquel postre sonoro, case unha experiencia vital; e aqueloutro coulant con salsa de froitos silvestres. OBRAS MESTRAS.

É unha sorte e un pracer contar con un espazo como o ARTABRIA, onde cada cita é unha experiencia completa. Parabéns para todo o equipo.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Que mal vives, Dores!!! Desde logo, non te podes queixar.

E ademais lémbrome cando acuñaste a palabra “experiencia” para definir o teu paso polo Artabria. Lémbraste? Creo que foi un día en casa de Ana, despedindo a súa casa, nunha festa de agasallos domésticos.

Bicos, e a seguir comendo!!!

Comentario por maria




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s