Sucos: blog de Dores Tembrás


O libro…
28/04/2009, 15:52
Filed under: misc, poesia

Hoxe pola mañá vin por fin o meu libro, O pouso do fume. Non sei como describir o momento, por fin era un obxecto, sostiña nas mans ese conxunto de poemas, as letras en prata… vaia, que estou feliz co libro-obxecto, libro-desexo.

E xa non queda nada para a presentación, e si, estou algo nervosa, para que disimular. Sobre todo concéntrome para non emocionarme ese día, para agradecer e ler os poemas tranquila, para desfrutar da tarde, dos amigos que estarán alí.

Xa sabedes, o xoves ás 20:00 en Moret Art (Olmos 12-14)!


2 Comentarios so far
Deixar un comentario

Alí estarei. Na primeira fila. E na última.
En cada un dos versos e dos silencios.
Espero que todos disfrutedes deses intres.

Comentario por Vane

PARABENS PARABENS! Unha nova onda vén sumarse ó Río, e con que pulo!
Bicos, feituca (BEN FEITA, en todos os sensos).

Comentario por xoán abeleira




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: