Sucos: blog de Dores Tembrás


Presentación de Raíz da fenda, de Berta Dávila
04/08/2013, 22:57
Filed under: Evento, poesia

presentacion_berta_davila_coruña

Foi onte á tarde, na Feira do Libro da Coruña. Compartir serán e palabra con Berta Dávila e Manuel Bragado foi unha delicia.

E alí, entre raíces e paxariños de origami, entre un público atentísimo e o recitado de Berta, lin as anotacións da lectura que fixen do novo poemario.

Aquí deixo un fragmento do meu camiñar pola Raíz da fenda:

presentacion.raiz.da.fenda


4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Que fermoso! Que trabalhado! Agora podo ler as palabras que non puden ouvir en presenza, e através delas achegarme ás fendas de Berta. Como sempre, Dores, a palabra precisa, as que van amodiño pra non mancar as cousas (Novoneyra), se ben aquí diríamos para non mancar as palabras. Hai moita memoria na beleza do texto, como esa estilográfica esgallada que remexe no tempo.

Comentario por César

César! Mil grazas polas túas palabras, pola túa xenerosidade. Foi unha tarde fermosa. Estou certa de que axiña coincidiremos. Unha aperta!

Comentario por dorestembras

Aquí deixo a crónica de M. Bragado:

http://bretemas.com/onte-693-con-dores-tembras-e-berta-davila/

Comentario por dorestembras

[…] continuidade imparable do relato literario galego. Antes de iniciar a conversa, Dores Tembrás fixo un discurso contextualizador. Confesou que compartía con Berta «o amor por Valente e Pizarnik». Parabenizou despois a Xerais […]

Pingback por Conversa de Dores Tembrás e Berta Dávila sobre Raíz da fenda | ::Axenda cultural AELG::




Deixar un comentario