Sucos: blog de Dores Tembrás


Poéticas e feminismos
11/10/2010, 21:55
Filed under: Conferencia, Literatura, pensamento, poesia, recital

Despois de ler unha definición canónica de feminismo a primeira pregunta que me devolve da palabra á realidade é: hai alguén que poda non selo? E sen embargo, e sen embargo.

O convite feito pola AELG e a Universidade de Vigo para participar no V Ciclo de mesas redondas: Escritores/as na universidade deume a oportunidade fascinante de achegarme, case de forma perversa, esquizofrénica, se prefiren, á miña obra. A distancia. O desdobramento. O tema era a relación entre o feminismo e as nosas poéticas, Estíbaliz Espinosa era a outra escritora convidada, presentábanos Anxo Angueira (Pensa nao, Pensa nao, Pensa nao).

Presentei un grafo con catro conceptos: Xenealoxía, Terra, Victoria, Encrucillada e catro referentes: G. Sand, H. Cixous, R. de Castro, S. de Beauvoir.

Oito fíos entretecidos na miña poética. E para chegar a eles a revisión dalgunhas escritoras admiradas, de teóricas fundamentais, de referentes imprecindíbeis no feminismo en Galiza: XohanaTorres, M. Xosé Queizán, Pilar García Negro, Eva Veiga, Chus Pato, Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María Reimóndez…

Fago unha escolma dos meus textos e ispo a engranaxe poética diante das universitarias e universitarios que nos van escoitar. Pero a premura, a precipitación.

Rosalía. O referente poético primeiro, as estrofas dos cantares fosilizados na memoria. A admiración pola sofisticación da orixe. E si, eu herdeira, filla, aí, recoñecendo a débeda, o discurso feminista que ela inventou para nós,  e por riba do mundo a potencia poética de de Castro, o traballo extraordinario coa palabra, para descubrir que a vangarda/escrita entre os sucos.

Diapositivas a clareo.  O eu poético infantil, testemuña de sete instantes do mesmo movimento. O modelo primeiro, a nai  e o sacrificio, a herdanza, a reubicación imprescindíbel  da muller no mundo. O ideal feminino que desboto, sen beleza de tísica, en favor da muller que coñezo, verdade. A TERRA, transversal, fundamento do que son, tamén na escrita. E chego a Beauvoir e ás demáis, e chego á teoría por elas, polas que me preceden, as que me compoñen, as que nunca escoitaron eses nomes.

O pouso do fume. A perfección que doe no río d’abaixo, o biscoito de G. Sand (“É máis difícil facer un biscoito que escreber unha novela”) e a miña proposta de que todo sexan competencias, a imposibilidade de renunciar a un legado que se me transmitiu como integrante da tribo, da xenealoxía de esfolladoras. Renuncia = traizón. Daquela as mans fortes/que tantas bolas de ovo fixeron, daquela restaurar o lugar que lle corresponde ao matriarcado anónimo, daquela o zurcido emblema.

Hai no  recoñecimento explícito do conflicto un desexo de victoria, a necesidade de que esta sexa íntima primeiro, a definición da muller por si propia, H. Cixous, a muller que define á muller, unha Ophelia que se arreda do masculino para poder ser.

E neste mesmo recoñecimento as encrucilladas das que fala María Reimóndez, as eternas. E a través delas chegar ás propias: crear daquela un espazo exclusivo onde poder ser? Tentar acceder aos espazos de poder, dominados tradicionalmente por homes?

(E todo o que non: a entrevista a Ana Romaní, o feminismo dos oitenta, Yves Sant Laurent, a crúa realidade que recollen os artigos de Reimóndez, a conversa con Estíbaliz, o impacto brutal da lectura de El segundo sexo, tódolos nomes de Simone, o primeiro traballo da carreira, Alfonsina, Belli, Peri Rossi, Silvina e Victoria, Biagioni, Pizarnik na entrevista de SUR sobre a situación da muller, o cuarto, o maldito cuarto, solitude en hauteur,  a revista Andaina e o artigo sobre as amas de cría, o poemario, Ortega y Gasset, a anécdota que contaba a bisavoa sobre Emilia Pardo Bazán, Berger, o conxunto de ensaios feministas nos que o obvio, o libriño O traballo extradoméstico da muller galega 1900-1936, as militancias, A palabra silenciada, algúns estudos de xénero, ese poema de Eva Veiga, o cabelo ao garçon …)

Ao final confeso que o que intento apreixar na miña  escrita é, coma no cadro de Hunt, o espertar da conciencia, os instantes primeiros da muller que se recoñece a si mesma e que deixa un legado valiosísimo á testemuña que ha de escribilo, para que unha das dúas non se ortigue.



Lindezas de Ortega y Gasset
09/06/2010, 21:46
Filed under: misc, pensamento

Hai uns días rematei Estudios sobre el amor, de Ortega y Gasset. O certo é que di algunhas cousas que me pareceron interesantes, mesmo reveladoras.

Pero nesta ocasión non quería falar delas. Quería falar das outras, desas lindezas que adica á muller (ás veces o varón tampouco fica ben parado) e que marquei con post-it fosforescentes e frechas de lápis. Si, o conxunto de estudos é dos anos vinte, pero non deixa de abraiarme que un pensador apunte comentarios tan, tan, digamos… primitivos?? Non sei se este calificativo se axusta ben ao que quero expresar….

Hai na súa ollada sobre a muller, entre moitos outros prexuizos, unha idealización molesta, polo irreal, polo paralizante.

Non me resisto a compartir algúns deles:

“El fuerte de la mujer no es saber, sino sentir.”

“Así ocurre que esa intuición suele darse relativamente más en la mujer que en el hombre, al revés que el don del intelecto, tan sexuado de virilidad.”

“La mujer enamorada suele desesperarse porque le parece no tener nunca delante en su integridad al hombre que ama. Siempre le encuentra un poco distraído, como si al acudir a la cita se hubiese dejado dispersas por el mundo provincias de su alma. Y, viceversa, al hombre sensible le ha avergonzado más de una vez sentirse incapaz del radicalismo en la entrega, de la totalidad de presencia que pone en el amor la mujer.”

“Por eso quien haya observado con algún cuidado el alma femenina pondrá en duda, como suceso normal, el entusiasmo erótico de la mujer por la belleza masculina. Y hasta puede predecirse qué tipos de mujer serán la excepción a esta regla. Helos aquí: primero, las mujeres de alma un poco masculina; segundo las que desde luego han practicado sin limitaciones vida sexual (prostitutas); tercero, las mujeres normales que tienen tras de sí una vida sexual plenamente ejercitada y llegan a la madurez; cuarto, las que por su constitución psicofisiológica vienen al mundo dotadas de “un gran temperamento”.”

“En la mujer -cuando no es masculina-, la imaginación suele ser paupérrima, y a este defecto conviene atribuir en buena parte la honestidad habitual de la hembra humana.”

“Digámoslo con toda crudeza: a la mujer no le han interesado nunca los genios, como no fuera per accidens; es decir, cuando a lo genial de un hombre van adyacentes condiciones poco compatibles con la genialidad. Lo cierto es que las calidades que suelen estimarse más en el varón para los efectos del progreso y grandeza humanos no interesan eróticamente a la mujer.”

Todo o que eu poda engadir, sobra.