Os que seguen serán uns apuntamentos-recordatorio da conversa lúcida desta tarde no Museo de Arte Contemporánea Fenosa da Coruña.
A conversa, os puntos de orixe. O desexo e o tempo de espera. Os filmes desexables no poster que os condensaba, a apropiación daquela imaxe que representaría a película para sempre.
Eisenstein. El prado de Bezhin. Fala el da elipse entre fotográmas, (como método, como ferramenta??) Penso na poesía, no papel activo do lector. El fala de reencher…
Ruina e bosquexo, dous indicios coa mema función, activar un mecanismo no espectardor, unha convocatoria poderosa que actúa tarde ou pronto.
E aparece Daguerre, a súa posta en escena, o tridimensional, os decorados, os trucos.
Watteau (hai tan pouco visto polos ollos de J. Berger) e eu fico prendada ao saber que deseñaba desfiles: dispoñer corpos no espazo.O xogo coa perspectiva. O que aporta.
E chega Talbot. Henry Fox Talbot. El fala da Imprenta da natureza, e aparece o perixel, negativo e positivo.
A arte de fixar a sombra. As esquiagrafías.
(É o primeiro creador, de calquera disciplina ao que lle escoito falar de Talbot. E faino con tal admiración que non podo deixar de sentirme afortunada por estar escoitándoo.)
La dama de Corinto.
Lewis Carroll. O libro compartido. El hombre que amaba a las niñas. (Embalsamar, cristalizar aquel momento, sublimación do que se esvae.) Alice nena. Alice muller.
Van Eyck. Leal souvenir. A representación do ideal e do real.
Ghirlandaio.
Cine como arte do retrato.
O pacto entre fotógrafo, cineasta ou pintor co modelo ou actor é similar.
A beleza ten un ritmo interior que require tempo capturar. Fotografía VS Cine.
Tren de sombras. ( Vela contigo hai anos)
A fotografía como fotograma fora de contexto.
Primary.
Unas fotos en la ciudad de Sylvia.
La película está en off. El espectador rellena.
O silencio. TOUCHÉ.
O SILENCIO COMPARTIDO NUNA SALA NA QUE SE PROXECTA CINE MUDO. ( Eu penso no silencio que se produce no poema, e tamén naquel do auditorio ante un recitado)
Medio para instaurar la imagen en el espectador. Onde nos situamos para instaurar a imaxe no espectador.
Cine como forma de coñecemento.
Ser outro ao remate do filme.
E penso, que podería ter estado falando de poesía.
Aplausos.
Deixar un comentario so far
Deixar un comentario