Sucos: blog de Dores Tembrás


Recital en Alcobendas
22/02/2016, 09:59
Filed under: recital

IMG_20160222_095032

Apenas unhas palabras para o encontro que tivo lugar a semana pasada en Alcobendas, unha “xuntanza de galegos” que me agardaban para escoitar cun silencio grande que me impuxo moito. Estar alí, da man da querida e admiradísima Luz Pichel, coñecer a Pepe Ramos (queda pendente unha visita como poeta escoba no seu local), Óscar Martín (grazas por estar en todo, polas palabras xenerosísimas e a conversa infinda), e moitos outr*s poetas e alumn*s do taller poético de Guadalupe Grande ( o desexo de falar ata a madrugada de Porchia e dos collages e dunha poesía que me golpeou nos días despois) foi realmente fantástico. As palabras en galego e español sucedíanse entre pausas. Ás veces alguén explicaba polo baixo unha expresión ao seu veciño de butaca. A desnatadora, Alfonso XIII, a muller, a xenealoxía, Ofelia…. as noces.

A plaquette.

Para que escribimos? En días coma o mércores penso que

Para que alguén que marchou hai moitos anos de aquí erga a man ao final do recitado e me agradeza que o trouxera de volta.

Para que alguén que non coñece a miña lingua fale da literatura galega con admiración, grazas ao ronsel de poetas galeg*s que este ciclo levou a Alcobendas ao longo destes anos.

Feliz, agradecida.

 


Deixar un comentario so far
Deixar un comentario



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: