Sucos: blog de Dores Tembrás


Poesía +Grafiti na Universidade Laboral
20/04/2014, 22:08
Filed under: Obradoiros

mural_universidade_laboral

Regresar.  Regresar. Os lugares son as persoas que os habitan? Durante case corenta anos meu pai traballou na Universidade Laboral do Burgo.

Por iso esta visita era distinta. Chegar antes. Quedar no coche mirando pasar a xente.

O mural, tan outro ao da nenez. Non visitei moito a Laboral de nena, coido que non chega ao centenar de veces ao longo da miña vida. Pero lembro ficar tempo diante do mural, alí, hipnotizada coas cores. De cativa meu pai agasallárame unha revista co mural na capa. Acompañoume durante anos ata que se extraviou.

A Laboral, o cuarto escuro, a luz vermella, algúns grandes amigos e compañeiros de meu pai. Apelidos tatuados nas conversas de maiores diante da nena. O bolo e a chocolatina despois das gardas.

Meu pai.

Todo isto serviume  de prólogo para falarlles dos lugares e traballalos en forma de constalecións. Deténdonos niso que os fai únicos, a exclusividade, o íntimo, o que deixamos de nós no espazo, o que nos ancora a el de forma máis ou menos fortuita, máis ou menos definitiva.

As aproximacións poéticas do alumnado amosaronme que os lugares son as persoas: a casa da bisavoa, o castelo, madrid, a árbore da infancia…

Tiven a sorte de que na biblioteca me agardara un grupo de rapazas e rapaces realmente fantástico, atentísimo, con moitos escritores, e un profesor que cultiva a paixón pola literatura. Podía pedirse máis? Falamos de poesía, de palabras grandes e pequenas, de pintadas, de amor e amizade, de encontro e  perdas.

Apenas puiden agradecer a implicación naqueles traballos, o alto grao de exposición, as emocións ecoando na antiga capela. Sentir o privilexio de que compartían comigo algo valioso.

Agardo por aqueles versos.

Quero transmitirlles de novo o meu entusiasmo e agradecimento ao equipo da Biblioteca e ao Departamento de galego, en especial a Fernando Torreiro e Pedro Trashorras.

Inesquecíbeis xa aquelas xornadas, que foron moito máis que poesía e grafiti.

Sempre volver.

 

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

Reblogged this on poesia salvaxe and commented:
Regresar. Regresar. Os lugares son as persoas que os habitan? Durante case corenta anos meu pai traballou na Universidade Laboral do Burgo.

Por iso esta visita era distinta. Chegar antes. Quedar no coche mirando pasar a xente.

O mural, tan outro ao da nenez. Non visitei moito a Laboral de nena, coido que non chega ao centenar de veces ao longo da miña vida. Pero lembro ficar tempo diante do mural, alí, hipnotizada coas cores. De cativa meu pai agasallárame unha revista co mural na capa. Acompañoume durante anos ata que se extraviou.

A Laboral, o cuarto escuro, a luz vermella, algúns grandes amigos e compañeiros de meu pai. Apelidos tatuados nas conversas de maiores diante da nena. O bolo e a chocolatina despois das gardas.

Meu pai.

Todo isto serviume de prólogo para falarlles dos lugares e traballalos en forma de constalecións. Deténdonos niso que os fai únicos, a exclusividade, a íntimo, o que deixamos de nós no espazo, o que nos ancora a el de forma máis ou menos fortunita, máis ou menos definitiva.

As aproximacións poéticas do alumnado amosaronme que os lugares son as persoas: a casa da bisavoa, o castelo, madrid, a árbore da infancia…

Tiven a sorte de que na biblioteca me agardara un grupo de rapazas e rapaces realmente fantástico, atentísimo, con moitos escritores, e un profesor que cultiva a paixón pola literatura. Podía pedirse máis? Falamos de poesía, de palabras grandes e pequenas, de pintadas, de amor e amizade, de encontro e perdas.

Apenas puiden agradecer a implicación naqueles traballos, o alto grao de exposición, as emocións ecoando na antiga capela. Sentir o privilexio de que compartían comigo algo valioso.

Agardo por aqueles versos.

Quero transmitirlles de novo o meu entusiasmo e agradecimento ao equipo da Biblioteca e ao Departamento de galego, en especial a Fernando Torreiro e Pedro Trashorras.

Inesquecíbeis xa aquelas xornadas, que foron moito máis que poesía e grafiti.

Sempre volver.

Comentario por karlotti

E ter o privilexio de recoller da túa boca o relato aínda quentiño, as lembranzas da nena Dores.
Sorte que temos.

Comentario por zeltia

Sorte a miña Zeltia de que queirades lelo!! :)

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s