Sucos: blog de Dores Tembrás


Arquitecturas do poema. Obradoiro de escrita creativa.
08/01/2014, 17:00
Filed under: Obradoiros

arquitecturas_poema

Da comezo o segundo trimestre de Arquitecturas do poema.

Atrás quedan xa os conceptos poéticos de perda, ruinas, morte, o lugar, a beleza, a construcción da voz poética e algunhas ferramentas apuntalando arquitecturas do poema.

Nos vindeiros meses abordaremos máis ferramentas, abriremos fenda nos tópicos literarios, tantearemos a poesía amorosa, o poema breve e hiperbreve, asociado ao aforimo (Porchia), a música (silencio, ritmo, rima, acento) en tódalas súas vertentes na creación poética.  E a trampa, a trampa que xa se anunciaba en decembro, o mecanismo exacto do poema. E por suposto seguiremos aprendendo e reflexionando sobre a creación poética con Juarroz, Eliot, Salinas, Pound…

Debo repetir, e dígoo a modo de advertencia, a deriva será o pilar da aprendizaxe, demorarémonos en calquera concepto, calquera, que alumee a nosa achega ao poético.

Esta é a proposta.

A inscrición inclúe master-class con dous escritores recoñecidos por trimestre. No pasado as visitas de Celso Fernández Sanmartín e Gonzalo Hermo.

Sesión aberta e gratuita o xoves 9 de xaneiro ás 20:00. Praza da fariña, 12. (Praza de Azcárraga)

Prezo: 60 euros/mes.

Escribamos.

Matrícula e info: eu@dorestembras.com

Advertisements

Deixar un comentario so far
Deixar un comentario



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s