Coma formigas cargadas de moreas de cousas distintas
Celso Fernández Sanmartín
Foi a semana pasada. Eles intuían pero non sabían ou si. E chegou no tren, tan en punto para vir lernos, recitar, contar do que é poesía e do que quere ser ou non chega.
Eu sentínme feliz de presentalo, de compartir a Celso, poeta de poetas. Man que escritura potencia e emoción a partes iguais. Celso.
As rosquillas, o silencio, a atención. O pan. Os pendentes. A morea de libros, o que nos lía, o que se gardaba.
Os bises.
Dándosenos así, xeneroso, os amores de Celso na literatura, alumeando a noite na Praza da fariña.
Orgullosa dos asistentes aos meus obradoiros, do seu traballo, de saber que tiraron tanto partido do encontro.
En decembro a seguinte Master class, e desta volta non sei se saberán…
1 comentario so far
Deixar un comentario
[…] Master class con Celso Fernández Sanmartín […]
Pingback por Arquitecturas do poema. Obradoiro de escrita creativa. | Sucos: blog de Dores Tembrás 08/01/2014 @ 17:02