Sucos: blog de Dores Tembrás


De recitados
04/10/2013, 11:55
Filed under: Obradoiros, poesia, Pouso

O convite fixerase xa na primavera pero finalmente o encontro foi o pasado xoves 26, á noite, na Asociación Veciñal “Agra”. Dentro do ciclo da actividade “Gosto de che ler un poema” adicáronlle tempo e atención a “O pouso do fume”. Marabilloume a idea de escoitar os textos en voces alleas, con outros rexistros, outras pausas.

Primeiro a entrevista feita por unha das asistentes á actividade, impresionoume a exhaustiva presentación do meu traballo, a lectura da obra.
Un verdadeiro pracer demorarnos en detalles mínimos, en Pizarnik, nos referentes, no silencio.
Despois foron saíndo o resto dos asistentes para recitar un ou dous poemas do pouso.
Emocionante. Por moitos motivos, pero sobre todo por coñecer a un grupo de persoas que se reúnen semanalmente para ler poemas(de autores clásicos e novos), ensaiando o recitado, debullando as poéticas.

Síntome moi agradecida pola calidez do encontro, polas atencións.

Máis veces.


1 comentario so far
Deixar un comentario

O pracer foi para nós, os que tivemos a fortuna de compartir contigo o teu dicir e o teu sentir. Forte aperta e moitas máis veces.

Comentario por Ricardo Seixo




Deixa unha resposta a Ricardo Seixo Cancelar a resposta