Sucos: blog de Dores Tembrás

Obradoiro de escrita: Arquitecturas do poema
11/09/2013, 10:00
Filed under: creación, Obradoiros

arquitecturas_poema

Será en dous grupos, martes ou xoves de 20:00 a 22:00 en The room.

Ao longo dos encontros tentaremos abordar o acontecer poético. E sempre a esixencia á palabra, o escrutinio ao que sometemos o poema.

Así “abriremos a navalla” algúns poetas da literatura universal, e en particular da literatura galega, que han de sinalar, subliñar, para admirarnos.

Pódese domésticar a linguaxe? A súa estructura? Pódese penetrar no sórdido, na emoción do sórdido, e calibrar os lindes ata os que podemos levar a imaxe?

Que é a beleza? Unha ilusión óptica? Unha actitude? Dúas palabras que firen?

Que pasa no poema? Que é o que nos importa no poema? Canta atención lle prestamos ao sen alento?
Sabemos cortar os versos? A medida? O ritmo?

Sabemos ler?

E o silencio? En que medida é posíbel producir o silencio no poema?

Ferramentas. Aprenderemos ferramentas para construir o texto. Pero sobre todo, e dígoo a modo de advertencia, a deriva será o pilar da aprendizaxe, demorarémonos en calquera concepto, calquera, que alumee a nosa achega ao poético.

Esta é a proposta.

A inscrición inclúe master-class cun escritor recoñecido, titorías e galletas.

Sesión aberta e gratuita o xoves 3 de outubro ás 20:00.

Escribamos.

Matrícula e info: eu@dorestembras.com

Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

Reblogueó esto en poesia salvaxey comentado:

Comentario por karlotti

[…] o blogue de Dores Tembrás, Sucos: «Ao longo dos encontros tentaremos abordar o acontecer poético. E sempre a esixencia á palabra, […]

Pingback por A Coruña: Arquitecturas do poema, obradoiro dirixido por Dores Tembrás | ::Axenda cultural AELG::

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s