Sucos: blog de Dores Tembrás


Certame de poesía Concello de Carral. Palabras
06/06/2013, 13:09
Filed under: Cronoloxía da urxencia, Evento

IMG_6660

Esta cronoloxía escribe un tempo de urxencias, un desexo omnipresente que colapsa as vías respiratorias, que fai enmudecer, que tenta rexistrar a contención e a inminencia, o silencio máis severo pero tamén o máis locuaz. O desexo da palabra, do poema, do outro, de ser. Neste poemario o eu poético admira o pantelro, quere facerse consciente da extraordinaria enxeñería da trampa antes de.

O venres 31 de maio, ás 20:30, nun acto sinxelo e emocionante, entregáronme na Casa de Cultura de Carral o premio do XVI Certame de Poesía por Cronoloxía da urxencia.

Alí con Francisco Fernández Naval que lle adicou unhas fermosísimas palabras ao poemario, con José Luis Fernández Mouriño, Anxo Lorenzo, Miguel Anxo Fernán Vello e Roi Vidal, gañador do ano pasado e que presentaba o seu poemario Teatro, léndonos algúns textos e deixándonos con ganas de máis.Entre o público Mercedes Queixas, membro do xurado.

IMG_6703

Tamén eu lin algúns poemas, e falei da honra que supón que Espiral Maior publique o poemario, da honra que é recibir este premio. Agradecín as xenerosas palabras de Miguel Anxo, a súa amizade.

Foi unha noite fermosa.  Cos meus.

 

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

é un premio moi bonito polo cariño co que o organizan. noraboa! dan ganas de ler eses textos… pero haberá que ter paciencia…

Comentario por eduardoestevez




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s