Sucos: blog de Dores Tembrás


XVI Edición do Premio de Poesía Concello de Carral
13/05/2013, 22:29
Filed under: poesia

A grande ledicia chegaba a media tarde, por asalto. Convertíndome en pura electricidade. Pensei mil cousas, lembrei algunhas teorías sobre os premios e as obras, pensei nas persoas que amo, nos amigos, nas chamadas inmediatas, na urxencia por compartilo. E aplaudía no estudio, aplaudía soa, moito. Sentíndome moi agradecida.

Pensei nestes anos de escrita, na procura dalgunhas palabras, no exhausta que me sentín ás veces. Nos lindes.

Volveu a electricidade. O premio, o premio.

Pero nalgún momento pensei nas outras 37 persoas que agardaban a chamada, que desexaban esa chamada. Como eu desexei.

E si, fixen o único que podía facer: coller o poemario do andel e relelo, sendo xa outra, pensando que será libro. É a primeira vez. Haberá tempo para falar del, para desfrutalo.

Hoxe só:

Cronoloxía da urxencia: XVI Premio de Poesía Concello de Carral.

Advertisements

11 Comentarios so far
Deixar un comentario

SENTÍMONOS FELICES!!!

Comentario por xurxo

Feliz eu con vos!

Comentario por dorestembras

MOITAS FELICIDADES, O CELEBRAMOS DE CORAZÓN

Comentario por karlotti

PARABENS !!!!

Comentario por Noelia

Enhoraboa Madriña polo premio. Un bico do colexio Rosalía de Castro da Coruña. As palabras comenzan a surdir maxia nos espellos.

Comentario por Chero Celemín

Mil grazas á todo o equipo do Cole Rosalía de Castro!!! Unha madriña felizzzz!!

Comentario por dorestembras

Parabéns dende o instituto de Carril!

Comentario por Carolina

Carril!! Sempre voltar :D

Comentario por dorestembras

Noraboa Dores. Celebrarémolo o día de Ano Vello diante dun prato de peras cocidas frías.
F.Maceira

Comentario por Francisco

Peras de inverno! Ohhhh! Iso está feito. Aperta

Comentario por dorestembras

[…] XVI Edición do Premio de Poesía Concello de Carral […]

Pingback por Entrevista no Diario Cultural | Sucos: blog de Dores Tembrás




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s