Primeiro foi o recendo, a intución que se concretaba despois daquel primeiro encontro no Portal InnovArte Educación Infantil. Entrar na aula, ver o niño pendurado, cheo de flores e palabras, que os propios nenos confeccionaron con agarimo.
Coido que o peizoque nunca soñou cun niño tan fermoso. Tampouco eu podía agochar os desexos de levalo a Bertarmiráns, onde, como puiden comprobar, traballan e aprenden dun xeito que asombra e admira.
Tiven o pracer de coñecer a Isabel e Ángeles Abelleira, que dende hai meses planearon esta cita. Dicir que foi un luxo é ser inxusta. Penso en cada detalle da mañá do martes e a emoción intacta. Penso na importancia da espera, da ansia que inocularon nos pequenos que agardaban a visita con verdadeiro entusiasmo. A impresión de escoitalos recitar de memoria, de coñecer con exactitude os animais e as palabras correspondentes. Non me chegaban os ollos para admirar as ducias de peizoques engalanados para a ocasión, plumas, pallets, brillantinas, pestanas XXL, paxariños multicor que comían palabras novas para min: papá, mamá, casa, corazón, tomillo, lavanda, limón, magnolia, cena…
Xosé Tomás e mais eu adicámonos a contar/debuxar a historia deste paxariño, mentres as pequenas e pequenos nos abraiaban coas súas observacións. Foi unha verdadeira delicia!
É un soño ver como empregaron a historia do peizoque para traballar nas aulas. Novamente agradecida e feliz.
Asi o lembran no blogue de 5 anos de Educación Infantil.
Xosé Tomás tamén o conta no seu blogue cun feixe de fotos.
Unha das pequenas. Lara, mesmo fixo crónica do encontro no seu blogue.
Sempre voltar.
6 Comentarios so far
Deixar un comentario
que boas sensacións debe deixar algo así…! Xa lin tamén no de Xosé Tomás.
Comentario por zeltia 13/05/2013 @ 12:25Noraboa.
Foi marabilloso Zeltia!!!
Comentario por dorestembras 13/05/2013 @ 12:56[…] -O blog de Dores Tembrás. […]
Pingback por Dores Tembrás e Xosé Tomás co Peizoque Roque | InnovArte Educación Infantil 13/05/2013 @ 16:03[…] -El blog de Dores Tembrás. […]
Pingback por Dores Tembrás y Xosé Tomás con “O peizoque Roque” | InnovArte Educación Infantil Español 13/05/2013 @ 16:05Gracias por compartir con nosotros/as esta experiencia tan emotiva. Entiendo que los aprendizajes pasan por la emoción Un abrazo Montse
Comentario por Montse Consejo Navas 15/05/2013 @ 08:49Que interesante a relación entre emoción e aprendizaxe! Este peizoque está a darme moitas alegrías nas visitas aos centros! Unha aperta
Comentario por dorestembras 15/05/2013 @ 09:21