Sucos: blog de Dores Tembrás


O peizoque no Cruz do Sar
09/05/2013, 11:08
Filed under: Literatura, Peizoque

CIMG6487
Foi hai días que regresei á escola da infancia. Sempre é un pracer estar en contacto cos espazos que unha habitou de nena.

Espazos sagrados como as escolas.

O director do centro e todo o equipo docente brindoume a biblioteca e un cento de nenos que coñecían ben a historia do peizoque.
Adubiada con ducias de Roques coloreados polos pequenos e pequenas e un coidado atrezzo para a ocasión non podía máis que rendirme ante todas aquelas olladas curiosas que escoitaban atentas o periplo do meu paxariño.

Emocionada por regresar, encantada de levar ao paporroibo comigo e saber que hai docentes entusiastas que se deixan a pel en cada proposta (o mercado de libros, o traballo con África, as fotos do Bergondo de hai décadas para entender o uso da terra). Non podo máis que felicitar a todo o equipo que conforma a comunidade educativa do Cruz do Sar e dicirlles o feliz que me fixeron aquela mañá.

CIMG6500 CIMG6507


2 Comentarios so far
Deixar un comentario

Cando andaras por istas ruas e gruas en extinción, de Ferrol. Saúde, e unha aperta grande. Sempre ando a escoitarte por istas fenestras…

Comentario por karlotti

Benquerido Karlotti, ogallá que sexa pronto! Aperta grnade

Comentario por dorestembras




Deixa unha resposta a karlotti Cancelar a resposta