Sucos: blog de Dores Tembrás


Madriña
02/05/2013, 17:46
Filed under: Evento, Literatura, petit trèsor

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Coido que dende que son escritora o título que máis ilusión me fixo ata o momento foi o de ser madriña da biblioteca do CEIP Rosalía de Castro da Coruña. Non é para min un título honorífico, por moi honrada que me sinta ao aceptalo, é un título que, dalgún xeito, coma nos contos, convírteme en guardiana deste espazo.

Eu hoxe comprométome a mirar por esta biblioteca, a atender as súas necesidades, na medida do posíbel, a escoitar as peticións e desexos das nenas e nenos que acudirán a ela para vivir con fascinio a lectura.

Eu adícolle a miña vida á palabra, á escrita, por iso mesmo é inevitábel sentir unha gran emoción ao saber que, xunto con Nevado (mascota da biblioteca), formarei parte deste iglú máxico, un iglú de historias e versos que serán sempre acubillo.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Estas foron algunhas das miñas palabras na mañá. Alí, a carón do director do centro, das mestras e mestres, os representantes da Administración Pública, dos membros da ANPA, dos pequenos e pequenas que leron durante un minuto nos seus libros para celebrar a nova biblioteca.

Síntome afortunada de pertencer a esta comunidade que traballa sen tasa dende o presente para o futuro.

Honrada.

Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

Non es só ti a que estaba encantada, Tiago e Eva tamén mo contaron como A SUPER-NOTICIA. Os nenos tamén están moi contentos de terte de madriña da biblioteca. Faste querer.

Comentario por Noelia

Noelia!! Que ledicia. Foi unha mañá preciosa!! Un beixo grande para Eva e Tiago

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s