Entre outros actos da vida poética de San Francisco tiven o privilexio de participar no 8th Annual Poems Under the Dome. Hora e media de expectación, compromiso, pura maxia. Dende os escritores consagrados ata os novísimos que comezan andaina poética. Quero agradecer a Alejandro Murguía, e a todo o equipo que organizou o evento que me fixeran sentir coma na casa. Que cando lin os meus textos en galego acontecese o impensábel. Que tralo recitado algúns escritores e persoas do público se achegasen para interesarse pola obra, polo idioma no que está escrita. Un xogador de base-ball que viviu en Vigo, un grupo de poetas de ascendencia latina. John Rhodes que me pide os textos para a súa web. Onte á noite volveuse poñer de relevo o que significa ter unha lingua propia. Foi unha honra para min explicarlles de onde veño e ler, baixo a Bóveda impoñente, a cartografía, as cereixas. Inesquecíbel.
4 Comentarios so far
Deixar un comentario
No era el idioma , no es la materia. :)))
Comentario por Manuel suarez 22/04/2013 @ 08:55Dixo o artista :)
Comentario por dorestembras 22/04/2013 @ 09:03Xa me gustaría Aniña!!
Comentario por dorestembras 22/04/2013 @ 21:58Es internacional, como Sara Montiel:)
Comentario por abm 22/04/2013 @ 21:50