Sucos: blog de Dores Tembrás


Poesía en Carril III. O encontro
08/04/2013, 08:54
Filed under: Obradoiros, poesia

rimbaud

Convidada polo CEIP Miguel A. González Estévez, repetía por terceiro ano o obradoiro POESÍA+GRAFFITI  cun grupo de 4º de ESO.

Altísimas expectativas ante o encontro. Un grupo de bos lectores, asiduos aos obradoiros de poesía, poetas que comezan andaina… Entusiasmada coa idea de poder traballar un par de horas con eles.

E aos dez minutos sabía que o encontro colmaba calquera expectativa, tódalas expectativas.

No seu blog recollen crónica desa mañá. Son eu a que está agradecida, a que leva  no peto, para sempre, as vosas palabras: nona, nada, inefábel, contos, caracola, balón, rap, escoita…

Son eu a que me inclino ante o compromiso, a emoción, a análise atenta do que conduce ao poético. Algo aconteceu naquelas últimas dúas horas da xornada. Non sempre é asi.

É unha sorte contar con docentes entusiastas que propoñen este tipo de actividades, que saben que a poesía é outra cousa.

Agora so resta agardar polos vosos textos.

O curso que vén, máis.

Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

Na crónica do instituto de Carril, todo me cadra :)
[envexa de ter 16 anos e atoparte]

Comentario por zeltia

Palabras e conservas de Carril, o mellor da terra para a nosa poeta favorita. Grazas, grazas:)

Comentario por abm




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s