Sucos: blog de Dores Tembrás


poesía nas aulas do cpi Alcalde Xosé Pichel
16/01/2013, 21:18
Filed under: Obradoiros, Peizoque, poesia

IMG_0504 IMG_0527

fotos 241 IMG_0545

Foi antes do nadal. E agardaba polos seus versos para facer o post. Pero despois de ler as palabras que lle adica ao obradoiro POESÍA+GRAFFITI a rapazada do CPI Alcalde Xosé Pichel non había alternativa. Porque a emoción. O agradecimento.

Penso nesa xornada e a entusiasmo de volta. Primeiro cos maiores, espertando á palabra a golpe de grafiti. Despois os peizoques de entre 3 e 7 anos. Algúns con gorro de noel incluido. Tiñades que velos, coas súas mans en alto para un tatoo de peizoque. Compartir un breve recreo con algúns dos docentes, falar da rapazada, do que si e do que non. As sinaturas infindas. O recendo a flocos de millo. Sentir o entusiasmo dos profesionais da escola pública de primeirísima man.

Rematar a mañá, de novo cos maiores, as súas palabras, que me fascinan, e que agradezo. Sigo a agardar polos versos froito daquela xornada marabillosa.

Os encontros non sempre funcionan como desexamos, e outras veces simplemente superan calquera expectativa. A calidez, o mimo que se puxo para recibirme, para escoitarme.

Para iso, si que son eu a que non ten palabras.

Desexando voltar.

Advertisements

Deixar un comentario so far
Deixar un comentario



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s