Sucos: blog de Dores Tembrás


Paris ou a botella do Docteur Pinard
09/12/2012, 23:06
Filed under: Conferencia, petit trèsor, poesia, Pouso

IMG_3295  IMG_3294

Os preparativos. Cubrila de papel de seda, entre a la da roupa, na maleta. Levala á Sorbonne Nouvelle Paris III onde me agardaba o entusiasmo do alumnado do Centro de Estudos Galegos de Paris (CEGA).

Pode que levala comigo, co pánico de escachar o vidro na viaxe.

Pode que regresala.

Sentín, ao meter a man na bolsa prateada (que ben podería ter sido chisteira), o frío, a expectación, e tamén que estaba a piques de amosar un dos meus bens máis caros. Linlles o poema que no pouso. Linlles a autopoética: Das que me fan herdeira. Falei do que si e do que tamén. Penso que foi a conversa diante das fiestras abisais, as mangas afaroladas.

A man de Gonzalo Vázquez, que defendeu o espazo para que a voz. Podería escribir os detalles mínimos, as preguntas curiosas dos asistentes, podería repetir os suspiros que entrecortaban o meu discurso ao falarlles da experiencia croissant.

O que non podo é recuperar a potencia da materia, a presenza do vidro que presidiu o encontro, tamén no Instituto Cervantes. (O minuto diante do escaparate de Louis Vuitton contigo, na noite xeada).

Tampouco importa que a materia, a materia, a obsesión na materia.

Pero vou facer coma se estivese nun recital e lles contase a media voz, na entreluz, que a botella apareceu perto de onde me criei o outono no que o pouso se escribía. E que o vidro francés refulxiu unha tarde mentres andaba ás castañas, na horta dunha casa desafiuzada había décadas. O pozo infindo na procura da historia transparente. Quizáis xa non deba falar da terra, dos tesouros que para a nena a terra gardou sempre.

O desamparo. O abandono. Daquela mellor o texto:

o remedio do DOCTEUR PINARD

chegou dende PARIS-COURBEVOIE

á casa do Mión

a botella

contiña a debilidade da recén parida

o calcio anegadao

as xaculatorias

e agora

nin rastro doos cinco fillos

e o vidro francés abono

dos castiñeiros da horta

Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

grazas por compartir a túa experiencia, Dores.
e por máis.

Comentario por zeltia

:D Zeltia agradecida sempre por saber que as miñas palabras teñen acubillo!

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s