Sucos: blog de Dores Tembrás


SE PROUST TIVERA ALMORZADO TORRADAS : curso intensivo de escrita
18/06/2012, 11:56
Filed under: Literatura, Obradoiros, Uncategorized

Déixovos aquí a oferta dun curso intensivo de escrita creativa onde se traballará a memoria como detonante dun texto literario: artigo, conto, novela, epigrama, poema…

Durante o mes de xullo, achegarémonos á obra de Edgar Allan Poe, Marcel Proust, Manuel Rivas, Charles Bukowski, Amelie Nothomb, Georges Perec, Marguerite Duras, Anne Sexton, Sharon Olds, Lois Pereiro, Louise Glück, Alejandra Pizarnik, John Berger, Sándor Marai, Herta Müller, Jose Ángel Valente e Philip Roth. Analizaremos como estes autores verqueron as súas propias experiencias no papel.

Por unha vez, e sen que serva de precedente, estudaremos a relación entre vida e obra. Quen sabe, poida que este verán sexa irrepetíbel e aprendas como contalo.

Duración: 8 horas
Horario: Luns de 20.30 a 22.30 horas

Profesores:
Dores Tembrás (días 2 e 9 de xullo)
Antía Otero (16 de xullo)
Pedro Ramos (23 de xullo)

Reserva a túa praza escribindo un correo electrónico a pedro@lau2.org Non o deixes pasar, as prazas son limitadas.

Advertisements

4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Oye, Dores tiene una pinta súper tentadora. Me informo y a ver si puedo. Chau…….

Comentario por maría rodríguez

Estupendo!!Penso que vai estar moi ben…

Comentario por dorestembras

¿Onde se vai impartir?, ¿existe algún requisito minimo para pode asistir?

Comentario por morgan

Vaise impartir na Librería Cascanueces no centro da Coruña, dentro do ciclo de cursos e obradoiros que ofertan. Coido que non hai ningún requisito especial para asistir, pero o ideal é que te poñas en contacto con Pedro Ramos, no mail que se indica no post. El daráche toda a información que precises. Saúdos!

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s