Sucos: blog de Dores Tembrás


O peizoque Roque
13/06/2012, 21:45
Filed under: creación, Literatura, Peizoque, poesia

Chegou o luns nunha caixa. Case 3 kg. E tan perfecto. O recendo que non podo escribir, o das librerías de nena, o papel satinado, a tinta. O tacto da capa, case case coma as plumas do peizoque.

Teño o pracer de presentarvos o meu primeiro libro para pequenos. As ilustracións máis fermosas de Xosé Tomás danlle vida a Roque, un paparroibo ben curioso que anda á procura da palabra. Tiña que ser el, Xosé Tomás. Ninguén máis para ilustrar esta aventura en verso, e así, o collage, o toxo, o ceu inmenso, o niño. As súas cores. Agradecida e feliz por compartirmos un proxecto tan importante e querido por min.

Unha edición impecábel na que Galaxia puxo mimo e esmero, facéndose cómplice dende o primeiro instante deste paxariño afoutado que só entende de palabras.

Este conto é conto doutro tempo, de avós que herdaron aventuras e palabras a fillas e netos fascinados.

E así o peizoque aniñaba o luns nas súas mans.

A espera, toda a espera, pagou a pena.

Advertisements

15 Comentarios so far
Deixar un comentario

Noraboa Dores!!! Outro filliño literario. Haberá que mercalo. Supoño que andarás coa presentación e promoción do libro. Avisa de cando será a presentación; será bonito poder asistir. Bicos, bicos.

Comentario por maría rodríguez

Si!! Moi agradecida María. Espero poder presentalo na Feira do libro da Coruña, o 1 de Agosto. Unha aperta grande

Comentario por dorestembras

Parabéns Dores, xa me tarda poder mercalo, bicos.

Comentario por Jose Manuel

Dores: outro filliño de papel…! Quero estar o 1 de agosto para escoitarte falar de Roque, e levalo nas miñas mans e arrecendelo e agasallar con el a alguén con ollos de paporroibo!

Comentario por Zeltia

Será lindo verte Zeltia! Unha aperta grande

Comentario por dorestembras

Parabéns por este libro, tan fermoso, tan lindo, tan cheo de luz e palabras e vida. Vai ser un éxito. Como non pode ser doutra maneira estando dúas persoas de tanto talento polo medio como Xosé e ti. Unha aperta grande.

Comentario por náufrago

Obrigada polas túas palabras náufrago!

Comentario por dorestembras

[…] Roque” esperábamos poder realizar alguna experiencias centrada en este hermoso libro de Dores Tembrás que nos habla de un pequeño petirrojo que enloquece por las palabras, poemas y lindos […]

Pingback por Nido de palabras para “O peizoque Roque” « InnovArte Educación Infantil Español

[…] dándolle voltas para desenvolver unha algunha experiencia centrada neste fermosísimo libro de Dores Tembrás que nos fala dun pequeno paporroibo que devece polas palabras, poemas e lindos […]

Pingback por Niño de palabras para o Peizoque Roque « InnovArte Educación Infantil

[…] Durante uns días estivemos a facer traballos en clase relacionados cun libro que me encantou: “O peizoque Roque“. […]

Pingback por Peizoque Roque | Os mundos de Lara | Los mundos de Lara

gustoume o conto moi entretenido!!!!!!

Comentario por cristina,paula e sabela

gustoume moito o reportaxe da voz de galicia

Comentario por juan de langara ferrol paula, cristina e sabela

esperamos q veñas pronto ao noso colexio

Comentario por juan de langara ferrol paula, cristina e sabela

[…] o lindo artigo que escribiu Ana Abelenda sobre O peizoque Roque. Feliz pola tarde e a palabra. E moi, moi […]

Pingback por O peizoque na Voz de Escola | Sucos: blog de Dores Tembrás




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s