Sucos: blog de Dores Tembrás


Máis poesía no Elviña
08/05/2012, 15:16
Filed under: Lingua, Obradoiros, poesia

O pasado día 4 voltaba ao Instituto Elviña, envolta de frío, de grafitis e versos para compartir co alumnado de 1º de bacharelato.

Os profesores, algúns vellos amigos, a biblioteca eterna.  E foi xuntar as mesas e as cadeiras, proxectar as imaxes na pantalla e saber que o que alí acontecía era só para nós. Un privilexio.

E aínda que unha queira entregar a palabra con esfuerzo aprendida, ás veces si e ás veces non. Pero alí, Neruda e Cortázar para remontar o mundo, e Vukusic, e Neorrabioso.

Entre o senfín de palabras, versos, listas, o temor a expoñerse, a ser revelado polos demais a través da sinatura: amiga, tabaco, comprensión, honestidade, fútbol, amorodo, a cor rosa, a pintura, recompensa, nada, vinganza, auga, ilusión, vacío, océano, nostalxia, alcohol, verde, ledicia, lume, rizos, empatía, beleza.

Sempre agradecida a Lois, Pepa, Charo (que ademáis fixo unha presentación xenial do día) e os titores implicados.

Sempre desexando voltar.

Advertisements

6 Comentarios so far
Deixar un comentario

Non me estranha nada, Dores. Nin de ti nin do persoal.

Comentario por César Morán

Si, ir ao Elviña é sempre fantástico César! Unha aperta grande

Comentario por dorestembras

Non sabes o pracer que é seguir contando co teu ánimo, Dores. Un bico
Lois

Comentario por lois

Lois o pracer é meu de contar con xente que valora a importancia da poesía como ferramenta de traballo e como inspiración para a rapazada!

Comentario por dorestembras

Outras veces tiña clase e non puidera estar presente pero a verdade é que disfrutei moitísimo, tiven que controlarme para estar calada. Todo moi suxerente, colmaches a biblioteca de alento poético con tal vehemencia que aínda hoxe o notei ao entrar. Un forte abrazo, Charo

Comentario por Charo

Non sabes como me chegan as túas palabras Charo!! Moi agradecida :)

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s