PontePoética en Pontevedra
5 Comentarios so far
Deixar un comentario
Teño a grande alegría de participar nesta edición de PontePoética. O venres 20 e o sábado 21 a poesía tomará Pontevedra. O Festival, dirixido por Yolanda Castaño en colaboración co Ateneo de Pontevedra, que vai pola súa segunda edición, reúne desta volta aos poetas galegos Estevo Creus, Xosé María Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa e mais eu, ao vasco Edorta Jiménez, o catalán Eduard Escofett, a malagueña María Eloy-García, e tamén contará coa presenza do poeta portugués, Nuno Judice e a poeta eslovena Veronika Dintinjana.
En sesións de tarde e noite no Teatro Principal: O venres ás 18:30 e ás 20.00. E o sábado ás 17:00 e ás 18:30.
5 Comentarios so far
Deixar un comentario
UNA PENA NO PODER ASISTIR AL FESTIVAL POÉTICO.LO SEGUIRÉ DESDE ANDALUCIA.sALUDIÑOS.TERE
Comentario por TERESA 22/04/2012 @ 23:49O festival PontePoética foi unha marabilla!!! Moitísimas grazas polo interese. Unha aperta
Comentario por dorestembras 23/04/2012 @ 06:32Pasamos -a miña compañeira e eu- unha tarde de sábado deliciosa no Teatro Principal desa linda cidade do Lérez (fomos dende Lugo). Grazas aos organizadores e a vós os poetas pola magnifica posta en escea e polos poemas…
Comentario por estevez 23/04/2012 @ 12:50Como agradezo as túas palabras!! Aledame que a tarde fose así para vos. Para min tamén foron unhas horas marabillosas. Unha aperta
Comentario por dorestembras 23/04/2012 @ 14:53[…] entre o público amigos, coñecidos da Pontepoética, e o luxo de contar con Alfonso Pexegueiro. Foi un recital íntimo, a pesar dos inmensos ventanais […]
Pingback por IMAN DE PALABRAS II: recital e obradoiro en PONTEVEDRA | Sucos: blog de Dores Tembrás 08/04/2013 @ 09:44