Sucos: blog de Dores Tembrás


8 de marzo 2012
08/03/2012, 10:03
Filed under: poesia

sen beleza de tísica
na herba
estendes os lenzos
así
clareas os días
horas de mandil
engraxado
fosilizando o tisne
do peito

mentres te miro
xenuflexión
de lixivia
escorrentando
dos días
o ferro

Diapositivas a clareo

Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

O ferro, a dureza do traballo. O tisne, a incomodidade do traballo. E a beleza das lavandeiras, fortes e incansables. Un fermoso e duro poema para unha fermosa e dura xornada. Parabéns, Rosa.

Comentario por Rosa Varela

Rosa, agradecida sempre pola lectura e as palabras!

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s