Sucos: blog de Dores Tembrás


POESÍA + GRAFITI EN CARRIL OU Cita a cegas
06/11/2011, 11:25
Filed under: Obradoiros, poesia

Lendo o post do blog da biblioteca de Carril despois do meu obradoiro POESÍA + GRAFITI veuseme á mente a idea de cita a cegas. Sempre é un pouco así, quedas cun grupo, desta volta eran 27 rapazas e rapaces de ciencias, e antes do día cóntanche cousas, vas sabendo.  Elucubras. Imaxinas.

Pero chega o día, o pasado venres, e coma sempre, antes de tempo, e miro os cartaces do hall, e non descubro o tendal cos meus poemas, as fotos, alí, tan alí, eles xa sabían como era eu, algo do que escribira, pero igual a curiosidade.

Sorrío ao ver os versos pegados polo instituto, e pregúntome se a da foto son eu.

Daquela entran  na biblioteca e Ana preséntame oficialmente (ARROIBO). E tódolos ollos alí, para min, prendidos no primeiro grafitti que o proxector.  Si, claro, son de ciencias, pero, pero a poesía.

E entón analizamos as imaxes, e eu aplaudo os comentarios agudos, as observacións intelexentes, falamos do que si e do que non, de emoción e mensaxe, de palabras. É un grupo atento, que se concentra no discurso, que gaña puntos co paso dos minutos.

E o agasallo chega na última parte da sesión, as súas palabras, as súas, que me comparten, despois do meu redondel. E alí, xa na intimidade do encontro, cada unha, cada un: avión, barco, rugby, risos, Cortegada, soños, mirada, curmáns, praia, piragüísmo, amigos, aldea, acampada-recordos-cáncer, piano-música, baile, piscina-auga, gafas, música- Papa-Roach, parque, baile, canción-Sabina, fútbol, exame, filmes, mar.

Pasará o tempo, e ao mellor non lembro os vosos nomes, pero si as vosas palabras, as vosas historias.

Foi unha cita perfecta, redonda. Grazas a tódolos alumnos e alumnas de 4º ESO, que estiveron dispostos a arriscar tanto coma min.

Grazas a toda a equipa de normalización do instituto do Carril Miguel A. González Estévez, aos mestres que se involucraron, ao persoal que fixo o imposíbel para que todo funcionase. Aos que quixeron que nos coñecesemos nesta cita pensando que funcionaría.

Obrigada.

Vémonos pronto, si?


3 Comentarios so far
Deixar un comentario

Moitas grazas a ti!

Comentario por abm

Foi estupenda a sesión e moi produtiva tamén para as clases e para a profesora de Lingua Castelá e Literatura dese grupo de 4º da ESO.

Por certo, que o domingo fun á Coruña para ver a película “Verbo” de Eduardo Chapero-Jackson, e a oportuna e maravillosa coincidencia do tratamento combinado da poesía e do grafitti -e do Quijote no filme- pareceume un perfecto guiño do destino, un bonito agasallo.

Manuela.

Comentario por Manuela, a profe de LCL

Manuela! Foi fantástico que estiveras no obradoiro e non sabes como me aleda que servira para as vosas aulas!! Tomo boa nota do filme que me dis. Un beixo ben grande

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: