Sucos: blog de Dores Tembrás


vivenda/casa ou de onde son
20/06/2011, 10:29
Filed under: pensamento, petit trèsor

Hai un par de semanas meu pai deume a ler un papel cuadriculado. Era un exercicio de 2º de EXB, por unha cara estaba escrito a boli cunha letra redondiña de mestra, con ocos que a Dores dos 7 anos enchera a lápis sen precisión. Tratábase dunha redacción sobre donde vivíamos, con quen, como era a nosa casa.

Eu viña de mudarme á Coruña, aquel verán meus pais insistirannos moito en aprendermos de memoria o novo enderezo: R/ Chile, nº x, x. Para min aquela insistencia era a proba irrefutábel de que se me perdía podía ser realmente grave. Xa non estaba en Bergondiño. Lembro os semáforos, a man da miña nai apretando a miña, con forza innecesaria, no paso de peóns, o tráfico, o asfalto, a tenda de lambetadas. Ata a min me sorprende aquel temor, a precaución da nena recén chegada da aldea, a sensación permanente de estar nun espazo hostil.

Aquel papel regresoume á unha aula concreta do Colexio San Francisco Xavier, ás fiestras dende as que podía ver os repolos das leiriñas de enfronte. Mirábaos e a terra, a terra.

O encontro coa redacción foi revelador. Relina completa, aquela caligrafía insegura prendida nas cuadrículas. Describía a vivenda da Coruña. Memorizar  aquel enderezo dera o seu primeiro froito académico. Polo envés da folla había que pintar o noso cuarto favorito da casa e explicar porque nos gustaba. Cando lle dei a volta para ver o debuxo descubrín con estupefacción e fascinio que non era ningún cuarto do piso da Coruña. Non, o que eu debuxara era o salón de Bergondiño, os sofás de pana azul e a chimenea.

Sobrecolleume a contundencia daquela afirmación infantil. A naturalidade.

Xa daquela eu podía vivir na Coruña, saber agardar o verde antes de atravesar, aprender de memoria un enderezo con emanacións exóticas, pero sabía perfectamente onde estaba a miña casa.

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

a terra, a orixe, as xenealoxías, a gharlopa, os arrecendos, a luz, os camiños…
a terra, dores, a terra

Comentario por xdafonte

“Afírmome no meu. Eu quero ser/ exactamente isto que son” (Pilar Pallarés)

Comentario por abm

buá! [como din os cascarilleiros]
eu vin para a Coruña cando tiña os teus anos. Eu non añoraba, sumerxíame na impregnación da nova vida aberta ante min chea de posibilidades, renovandome.
E 40 anos despois escribo redaccións onde vexo que a sala da miña casa é unha cociña de ferro, os piñeiros, o cheiro do ar, as carqueixas daquela outra que alá quedou, á que vou volvendo.

buá!, menudo post, Dores

Comentario por zeltia




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s