Sucos: blog de Dores Tembrás


Bloomsday. Un ano despois
16/06/2011, 22:24
Filed under: Literatura

É difícil contar as horas, recuperar despois deste tempo as imaxes sublimes, as palabras nos usos máis precisos, ese fluir irrepetíbel que me acompañou nas noites, nas tardes. Cumprir  o desexo. Pero non era chegar, ou si? Era quedarme prendida nalgunha destas páxinas, e repetila e repetila e repetila.

Os papeis luminiscentes que na mañá lembraban, pegados na almofada, as últimas palabras. Claro que só podo escribir obviedades, pero Joyce deume algo que ningún outro antes.

Quedarán os retratos daquela mañá co libro entre as mans, sobre a pedra, para sempre e pode que os post it perdan o pegamento, pode que ti nunca chegues a entender ese código de “papelitos de colores”, pode que nin sequera chegues a abrilo. Escribir ou dicir Joyce – Ulises agora tamén significará todo isto.

Un ano despois transformada, outra.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Teño varias imaxes na memoria. Unha casa rural en Asturias e sobre a mesilla, varios libros, un deles o Ulises. E tamén unha lectura a dúas mans, da que me deixaches intuir a intensidade deses correos-comentarios. Outro legado:)

Comentario por abm




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s