Sucos: blog de Dores Tembrás


Barcelona Poesia 2011
02/06/2011, 16:22
Filed under: Evento, Literatura, poesia, Pouso, recital

Van aló quince días, pero négome a deixar de facer uns apuntamentos daquela tarde magnífica no Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison. Foi Marta Font, investigadora da UAB e organizadora do evento quen me convidou. Pero tamén estaba Helena González, anfitriona e cicerone inigualábel.

A suxerencia non podía ser máis atractiva. Partir do verso de Pizarnik: He dejado mi cuerpo junto a la luz. A proposta: unha conversa coas poetas Rosa Font e Silvia Bel. Pero había máis, dende o Centre Dona i Literatura convidávasenos a levar unha autopoética na que o corpo.

Estas propostas brindan, ás veces, esa oportunidade de mirarnos case dende a esquizofrenia. De avaliar a propia poética. É unha reflexión que sempre conduce a portas insospeitadas.

Do exercicio íntimo á lectura pública. E sempre, sempre, a voz sorprendida na intimidade que nos desvela. Porque na preparación do encontro, mentres escribía aqueles cinco folios de autopoética, estaba aquí, no meu estudio, a soas coa miña voz. E non tiñan demasiada importancia as frases miradas polo fondo, con microscopio. Pero alí, naquel cuarto lavanda, no calor da tarde, ante un público case completamente feminino, atentísimo, o pudor. Ou outra cousa semellante pudor. Quizáis a palabra obscenidade adquira aquí un sentido completo. Pero a que tanta sorpresa? Iso é a escrita, non?

Marta Font preparou unha presentación impecábel, escudriñando cada unha das nosas poéticas, revelando algúns dos fíos que nos unen ás tres convidadas. É precisa e profunda na palabra coma só os grandes críticos.  E eu fico arroibada e agradecida ante as súas descubertas.

Foi unha tarde de complicidades versadas, de paralelismos literarios, de procuras.

Un luxo.

Advertisements

4 Comentarios so far
Deixar un comentario

En efecto, a escrita é iso. Teño para min que toda a escrita é absolutamente autobiográfica. E di isto un novelista que fai ficción e só moi de cando en vez, poesía. Escribimos sempre dende nós, para cantarlle ao amor ou para ficcionar a Venecia do século XIII. Por iso investigar(se) é, como moi ben explicas, case que un exercicio, eu non diría de obscenidade, senón de vertixe consciente: implica profundar no que somos e que, incluso ás veces sen moito control consciente (de feito, en moitísimas ocasións) se expresa a través das palabras, das nosas palabras, sen nós chamalas. Por iso son precisas. Porque nos ispen incluso a pesar de nós propios.
Deberon de ser unhas xornadas deliciosas. Grazas por contárnolo tan ben.

Comentario por náufrago

Grazas náufrago polas palabras. Si que foi unha tarde deliciosa, un encontro para lembrar!!

Comentario por dorestembras

Si grazas por contalo.
[e polos cinco folios]

Comentario por Zeltia

;) Grazas Zeltia!!

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s