Sucos: blog de Dores Tembrás


Máis Poesía: Centro EPA de Ourense II
27/05/2011, 09:23
Filed under: Literatura, Obradoiros, poesia

Antonte escribín sobre  a sesión de poesía en Pereiro de Aguiar. Hoxe escribirei algo sobre a sesión de poesía no Centro EPA de Ourense. O grupo era moi heteroxéneo porque estaba integrado por varios grupos de alfabetización e tamén algúns estranxeiros que están en proceso de adquisición da lingua. Aínda así todas e todos traballamos sobre o concepto de poesía distinguindo matices que variaban según a proposta de cada un. Non era a primeira vez que traballaba con grupos de alfabetización e sempre o mesmo fascinio cando me contan que están aprendendo a ler e escribir. E sen querelo fan que mire os signos, as grafías, coma cando nena. E máis ca nunca descifradores. Léolles algúns textos do pouso, en entre os rostros unha complicidade coa terra que sela o pacto. Elena, Cristian e Michael veñen de Rumanía e Dinamarca, e fan verdadeiros esforzos por entenderme. E rimos, e poñémonos moi serios con algunhas palabras.

Nunca, nunca, antes de comezar un obradoiro, un monográfico, unha sesión, sei que podo contarlles da poesía para achegarllela, que botón hei de premer para embarcalos comigo. Para que a miren con outros ollos, ás veces mesmo para que a consideren. E a vehemencia, e a fe. Pensábao estes días, tentando repasar o meu “discurso” dende fóra.  Hai un par de frases que se repiten :

Creo profundamente no poder da poesía. Vino. Experimenteino.

Un bon poema é transformador.

Dígoas case coma un salmo. Dígoas mirando para eles, buscando a complicidade necesaria para seguir. Estas sesións non son de carácter teórico, só falamos de palabras, do que nos emociona, do desfrute ao recoñecermonos nuns versos. Diso falamos.

Quero agradecerlles a todos esa tarde na que me lembraron que o fundamental para aprender é a curiosidade. Aquela cesta de cereixas agardandao por nós. Grazas de novo a todo o equipo de docentes do Centro EPA Ourense por un día inesquecíbel.

Aquí deixo unha escolma desa tarde:

la ternura que siento

por las personas que quiero

me hace sentir que estoy contenta

conmigo misma

YURANY

Antes me lo creía todo

ahora no me creo nada

quiero decir, casi nada.

Este mundo sigue girando

y sigo sin verlo nada claro.

Me gustaría que todo fuese de otro modo

pero estoy desencantado de casi todo.

RAFAEL

pequeña Dulce,

mi gran tesoro

mi amiga fiel

gracias doy

en en mi vida estés

CARMEN

El amor es la pasión más grande

del universo

puesto que nace de un beso

como un pétalo en una flor

JUAN CARLOS

TIERRA

RÍO

comida

agua

BEATRIZ

xustiza

que polo ar

e pola terra

sen medios de transporte

levas a felicidade

aos corazóns da xente

JOSE

A terra da todo

Da terra nos alimentamos

Na terra vivimos

e a terra nos come

porque a ela volvemos

FLORA

Admiración necesito para vivir

para alimentar a miña alma

porque sen ela non seríamos nada

ROSA

Me gusta vivir aquí

porque es muy bueno para mi

mi amor

mi corazón

pertenecen a Marisa y a Ourense

MICHAEL

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

Ola Dores:
Escribo no nome de Michael, que pasou unha tarde inesquecible tamén nese obradoiro. Tivo as súas pequenas dúbidas xusto no momento de saír da casa cara á EPA, pois pensou que se ía sentir un pouco fóra de lugar,debido ós seus escasos coñecementos da nosa lingua. Non foi asi, senon todo o contrario. Disfrutou coma un neno pequeno(desto podo dar fe), polo que che damos as grazas os dous.
Só tén un pequeno “reproche” que facerche: NON É DE HOLANDA, É DE DINAMARCA!!

Grazas outra vez e que sigas a facernos pasar momentos tan bonitos

Comentario por Marisa

Marisa!! Que pracer lerte :) Agora mesmo veño de correxir o meu erro. Mil desculpas aos dous. Non sei como puiden confundirme!!! Son eu a que vos está agradecida polo encontro. Unha aperta ben grande

Comentario por dorestembras

Mentres lía o teu post pensaba en todos os meus Michael: Luis, Teresa, José de Moalde, Benigno, Victoria, Feli…

[E eles tamén, si, eles tamén]

Habemos falar, Dores, para que despregues a túa maxia por terras trasdezás. Gozaremos.

Comentario por xdafonte




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s