Sucos: blog de Dores Tembrás


Poesía en Ourense: Pereiro de Aguiar I
25/05/2011, 09:50
Filed under: Literatura, poesia

Dende o Centro EPA de Ourense convidáronme a facer un par de obradoiros de poesía. Jacqueline, profesora entusiasta e cunha sensibilidade abrumadora, púxose en contacto comigo hai semanas e confeccionamos entre ambas dúas sesións enfocadas a públicos distintos. Hoxe escribirei sobre a sesión no cárcere e mañá sobre a sesión no Centro EPA.

PEREIRO DE AGUIAR

Pasear Ourense nas primeiras horas da mañá. Atoparme con Jacqueline na rúa, o vapor quente, a señora que me conta nas Burgas a súa historia coas augas.Chegar ao Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar. Era a primeira vez que traballaba nun cárcere. Coñecer parte do persoal que da aulas aos internos, entusiasta, entregado. E chegar alí, xusto alí, atravesar todas as portas coa tarxeta de visitante que me dan na entrada. O xardín espléndido, as flores todas, o maio que me cativa e que fixeron  os internos, xa case seco, pero é o primeiro maio que toco na miña vida, a beleza no centro do xardín.

E chegamos a aula onde dez internos e internas agardan por min, e eu, eu non sei ben que agardan da sesión. Pero de contado eles mesmos se encargan de dicirme, e falamos de poesía mentres me dictan palabras que anoto no encerado. E leólles do pouso, e cóntolles cousas que nunca antes. E a atención máis disciplinada me sobrecolle ata que timbra a serea para o recreo. E na segunda parte da sesión, cada un deles se ispe para os demáis, e falan da súa palabra nunha intimidade que me supera, e sinto que alí, esa mañá, todos participamos do mesmo. Ao mellor é por iso que lembro os pallets bretons que levo no bolso, e pregunto se os asistentes poden comer algo que se trae de fóra.

A pregunta, a pregunta que me devolve á localización exacta daquela aula que mira ao monte.

E partimos as seis galletas de manteiga, eu cóntolles claro, dígolles que son as miñas galletas favoritas, que son bretonas, unha delicadeza, que veñen de Francia. Media galleta para cada un, e solto a palabra: compango, compango, cunha urxencia que me queima. Porque alí, comendo as galletas integramos algo, por un instante breve, somos compañeiros, sen historias previas. E eu desexaría ter levado outra cousa, algo mellor, en máis cantidade. Pero o que me fulmina  é a historia que cada un desvela. Unha palabra, unha historia e toda unha constelación arrodeándonos.O obradoiro era voluntario, poderían non ter vido, pero estaban alí e escribiron cadanseu poema que me entregaron ao final, e que será lido na función de fin de curso. Deixo aquí os seus textos, agradecida.

E sabendo que algúns chegarán ata o blog direilles que foi unha sorte para min coñecelos nesa mañá inesquecíbel, tan verdade, transformadora como a poesía.

Levanté montañas y

en cada una de ellas

dejé tres cajitas doradas.

Encuéntralas.

Ordénalas.

Te darás cuenta

de lo que esconde

mi corazón por dentro.

Lo que antes tenía

y ahora no tengo.

¿No lo entiendo?

NEREA

Irmáns

canto tempo xuntos

na nosa vida.

Amizade, confianza, amor.

Moitas peleas

Moitas reconciliacións.

E agora

na etapa que me toca vivir

onde xa non estamos xuntos.

O que me custa

o que me doi

é non poder estar outra vez

xunto a vós.

MARCOS

LIBERDADE

Véxoa lexos

Pero teño confianza nela

E eu esperarei por ela

coma unha nai polo fillo

porque sei que chegará

e non a desaproveitarei

como tanto fixen coa miña vida.

PABLO

El mar es vida

el mar es esa libertad

la libertad que yo tanto deseo alcanzar

siento en mis sueños y a veces en la realidad

como casi la toco con la punta de mis dedos

pero nunca la logro realmente alcanzar,

recuerdo el sonido de las olas del mar

recuerdo el olor a salitre, la arena quemando en mis pies,

pero hoy aspiro a algo máis, necesito poder sentirla otra vez,

en mi cuerpo

y otra vez sentir y escuchar

esa brisa y ese hermoso ruido cuando

una ola rompe contra una roca de ese inmenso y valioso mar.

MARÍA

RÍO SIL

Cando esperto no meu lugare

por a mañá moi cedo

escoito o teu sonido

o das túas augas,

que non se deteñen con ninguén.

Pero ti, que aínda non despertache,

esperando que saia polo horizonte

ese sol

que nos ilumina

todas as mañás de primavera.

Ao esperatar desapareces

co teu manto branco

e deixas visible o lugar.

Eres tan bela,

bela durminte do Sil.

ANDRÉS

ALEGRÍA: No te alejes

Hace tiempo, te alejaste

no entendí por qué. Conmigo

siempre te llevo en mi alma

y por tus reflejos me abrigo

Analizo los momentos,

te pusiste en mi lugar,

poco fué, lo que supe valorar

Aunque a veces no te vea

siempre serás mi sombra

me encuentro, en oscuridad

tu te sabes ocultar

confiando siempre

que estés en algún lugar.

Cerca de mi, te quiero tener

tu y yo sabemos que siempre estaremos

con paciencia y suerte

al fin del espacio

llegaremos.

MILTON

He perdido el amor

no lo volveré a recuperar

he perdido el valor

por  en ti  no poder confiar.

NEFTALÍ

Libertad

que palabra tan sencilla

pero complicada de explicar

pues significa todo en este mundo

sin ella, nada tu serás

¡Libertad!

JULIO

O MAR

Arrincas coa túa furia

o sono de moitas familias

regresasme á miña infancia

co teu doce sabor salgado

Enches de vida as vidas

sinto unha paz interior

cando regresas

ao meu pensamento

agora que non te teño

síntome nun inferno

oxalá algún día

poidamos volver a vernos

SANTIAGO

Quero agradecer a Jacqueline, ao director do Centro EPA de Ourense, e a todos os seus compañeiros que pensaran en min para algo así. A Vitorino que se encargou da xestión, á Directora do cárcere e ao Subdirector e tódolos profesores e funcionarios que coñecín onte en Pereiro de Aguiar. Estar alí, coñecer a súa labor, o traballo extraordinario que realizan.

Advertisements

12 Comentarios so far
Deixar un comentario

Que emocionante.
[Tantas cousiñas xa están aí e só saen porque tí as ves, Dores, turras por elas, saen a buscarte]

Esas galletas descubrinas o ano pasado, deliciosas, sí

Comentario por zeltia

Zeltia, o caso é que están aí e que son transformadoras :)

Comentario por dorestembras

Que experiencia máis interesante…
É certo que na cadea, ademáis do que imaxinamos por ver tanto filme americano, pasan cousas ben interesantes
Tamen é ben certo que moitas delas acontecen porque hai persoas entuasiastas que as fan posibles…
Ainda que hai tempo que non visito a súa web, acodome neste momento dun grupo de mulleres do carcere de Teixeiro que comparten con que as quera ler as sías experiencias as “chicas 10”: http://chicass10.blogspot.com/

Comentario por Alfonso Tembrás

Alfonso, estou segura de que ti tés un fato de experiencias tamén extraordinarias como educador. Grazas polas palabras sempre! Un beixo grande

Comentario por dorestembras

Toda unha experiencia. Estás percorrendo o mundo case como unha xornalista. Sorprendéronme os poemas dos presos e o seu ton, en xeral, optimista, aínda que nostálxico. Apoio este tipo de actividades, as de achegar a literatura, a en principio difícil ou elitista poesía a todo o mundo, e que todo o mundo colla folla e papel. É moi bonito o que fixeches. E as galletas, coma sempre, non podían faltar. Son, como os poemas teus, marca de casa. Que saibas que ás veces os releo. E sempre penso, que son exquisitos, sobresaíntes, sutís, que tocan adentro suavemente, pero directamente, ás veces, dolorosamente. Noraboa.

Comentario por maria

María, grazas polo teu comentario!!! Xusto cando ti cumprías anos no cárcere estabamos a escribir! Parabéns atrasados! Asegúroche que a experiencia foi das máis fortes da miña vida. Impresionante. Beixos

Comentario por dorestembras

grazas polos parabéns Dores e alégrome que a experiencia fose tan impresionante.

Comentario por maria

Onte cando mo contabas xá me emocionaba, pero hoxe cando cando leín os poemas dos interno, non sei o que foi, pero algo me recorreu o corpo de enriba a abaixo, e algunha bágoa si me caeu.Noraboa,segue así.

Bicos.

Comentario por Jose Manuel

Moi agradecida!! Un beixo

Comentario por dorestembras

Con-móveme.

Comentario por Xurxo

Moitísimas grazas Xurxo!

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s