Filed under: pensamento
Dispois do tempo frío
Pero dispois disto
queda o silenzo
en guerra
L. Pereiro
Unha agarda que o bon traballo, o traballo de calidade, acade un recoñecimento. Eu agardábao, sigo agardándoo. Pode que sexa unha cuestión de educación. Non se trata unicamente de esforzo, iso aprendino ben cedo, unha pode esforzarse moito, moito, e non acadar un bon resultado. Pero cando este fructifica, cando o que se obtén é a consecuencia do labor ben feito é de xustiza que se traduza en recoñecimento. Espera. Esperar. Expectación. A palabra maldita. As expectativas. Traidoras. A decepción.
Palabras rondándome, espetadas ao vacío, coas mans baldeiras, coma cara e cruz da mesma impresión:
Cara
AHORA BIEN:
Quién dejará de hundir la mano en busca del tributo para la pequeña olvidada. El frío pagará. Pagará el viento. La lluvia pagará. Pagará el trueno. (Pizarnik)
Cruz
Coa culler que colleres
comeres.
3 Comentarios so far
Deixar un comentario
que certo, este post! que tristemente actual!
Comentario por eduardo estévez 23/05/2011 @ 15:22Non che vou dar ánimos, Dores. Non che vou falar das expectativas que se torcen nin de decepcións. Tampouco de mans baldeiras, tampouco de culleres.
Vouche falar de Alejandra Pizarnik, Dores, unha autora pola que me interesei léndote neste espazo. Fixéchesme ir polas librarías de Santiago na procura da súa Poesía Completa. Xa non a recibimos, dicían os dependentes, e eu ía petar noutra porta. Conseguina, por fin, nun establecemento pequeno, e desde ese momento anda comigo pola casa adiante.
Nunca che din as grazas por terma presentado.
Comentario por xdafonte 24/05/2011 @ 00:30[…] falar dela a María, pero non me animei a dar o paso. Tivo que vir Dores para que sentise a necesidade do encontro con Alejandra […]
Pingback por ela – Falabarato 24/05/2011 @ 09:30